ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê

Pasar al contenido principal
Imaxe representativa
Todas as persoas pertencentes á comunidade universitaria dispoñen de credenciais consistentes nun identificador de usuario e un contrasinal que permitirán o acceso ordinario aos recursos e servizos.

A identificación nos servizos TIC

Todos os membros da comunidade universitaria dispoñen de credenciais consistentes nun identificador de usuario e un contrasinal que permitirán o acceso ordinario aos recursos e servizos. O identificador de usuario/a terá un formato do tipo nome.apelido@dominio.

As condicións de uso das credenciais ordinarias e de outras como, por exemplo, as baseadas en certificados están indicadas no  (artigo 13).

Ciclo de vida

As credenciais son xeradas de oficio en función do colectivo:

  • Estudantes: no momento da matrícula.
  • PDI e PAS: no momento de formalizar o contrato.

Inhabilitaranse as credenciais cando non sexan necesarias para a prestación do servizos garantidos pola normativa vixente, manténdose neste estado o tempo necesario para atender ás necesidades de trazabilidade requirida na lei.

As credenciais de estudantes egresados serán eliminadas cando non se rexistre actividade nos últimos 4 anos, entre outros motivos.

Actividades relacionadas

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.05.2024.