
A identificación nos servizos TIC
Todos os membros da comunidade universitaria dispoñen de credenciais consistentes nun identificador de usuario e un contrasinal que permitirán o acceso ordinario aos recursos e servizos. O identificador de usuario/a terá un formato do tipo nome.apelido@dominio.
As condicións de uso das credenciais ordinarias e de outras como, por exemplo, as baseadas en certificados están indicadas no (artigo 13).
Ciclo de vida
As credenciais son xeradas de oficio en función do colectivo:
- Estudantes: no momento da matrÃcula.
- PDI e PAS: no momento de formalizar o contrato.
Inhabilitaranse as credenciais cando non sexan necesarias para a prestación do servizos garantidos pola normativa vixente, manténdose neste estado o tempo necesario para atender ás necesidades de trazabilidade requirida na lei.
As credenciais de estudantes egresados serán eliminadas cando non se rexistre actividade nos últimos 4 anos, entre outros motivos.