ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê

Pasar al contenido principal

‘Por qué non pode ir o tempo cara a atrás?’, conferencia do Nobel de Física Anthony James Leggett este xoves en Santiago

Leggett compartiu co persoal científico as súas últimas reflexións acerca de certos fenómenos cuánticos (Foto:SERVIMAV)
Leggett compartiu co persoal científico as súas últimas reflexións acerca de certos fenómenos cuánticos (Foto:SERVIMAV)

‘Por qué non pode ir o tempo cara a atrás?’. Con este suxestivo título o premio Nobel de Física en 2003 inaugura este xoves 7 en Santiago a oitava edición do Programa Conciencia, a acción de divulgación científica de máis impacto de Galicia organizada pola ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e o Consorcio da cidade co financiamento da Fecyt. A conferencia, con tradución simultánea, terá lugar ás 20.00 horas no Auditorio Novagalicia Banco (Rúa Preguntoiro, 23, Santiago) e nela Leggett formulará a posibilidade de que si sexa posible retroceder no tempo. Logo dun encontro con medios de comunicación o mércores, a visita de Leggett, apadriñado na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê polo profesor Manuel Vázquez Ramallo, continuou este xoves cunha recepción no despacho do reitor na que asinou no Libro de Honra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. Dúas horas máis tarde na Aula Magna da Facultade de Física mantivo unha co persoal investigador da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê na que compartiu as súas últimas reflexións acerca de certos fenómenos cuánticos. A superfluidez no Helio-3 O profesor Leggett, da Universidade de Illinois (Urbana-Champaign, EE.UU.), proporcionou o marco teórico para a comprensión do fenómeno da superfluidez no Helio-3, un dos dous sistemas superfluidos coñecidos ata o momento. A academia sueca concedeulle o Nobel polas súas "contribucións pioneiras á teoría dos supercondutores e superfluidos".

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.03.2013.