Contacto
-
Enderezo
- Avda. de Castelao, s/n, 15782Santiago de Compostela
- °Õ±ð±ôé´Ú´Ç²Ô´Ç²õ
- 881 811 952
A residencia está situada no Campus Norte, a uns 500 metros do núcleo histórico da cidade. Nos seus arredores atópanse a Facultade de FiloloxÃa, a de Ciencias Económicas e Empresariais e a de Ciencias da Comunicación, asà como o Auditorio de Galicia.
- Cuartos para residentes e estudantes internacionais: 400 individuais (2 cuartos adaptados para residentes con necesidades especiais) con baño, cama, librarÃa, mesa e cadeira, protector de colchón e posibilidade de solicitar mantas. Limpeza 1 vez / semana.
- Cuartos para convidados: 9 individuais e 9 dobres con baño, limpeza dous dÃas á semana, cama, librarÃa, mesa, cadeira, mantas, protector de colchón, sabas e toallas.
- Apartamentos: 3 grandes (3 cuartos: 1 cama de 135 cm e 2 camas de 90 cm), 4 medianos (2 cuartos: 1 cama de 135 cm e 1 cama de 90 cm) e 2 pequenos (1 cuarto: 2 camas de 90 cm) con limpeza 2 veces/semana, utensilios de cociña, mobiliario, televisión, sabas e toallas.
Normativa
- Aparellos eléctricos nos cuartos: so se permite traer unha neveira pequena (non mais de 80 cm de altura, e cualificación enerxética A+ ou superior). Non están permitidos aparellos tipo torradoras, microondas e cafeteiras (con excepción das de cápsulas).
Servizos
- °ä´Ç²Ô²õ±ð°ù³æ±ð°ùò¹ 24 horas
- °ä´Ç³¦¾±Ã±²¹²õ: 12 cociñas de uso común en toda a Residencia, asignadas por cuartos, tanto para residentes como para invitados. Dispoñibles armarios individuais. Utensilios propios, non se facilitan (só a estudantes de mobilidade internacional de haberen dispoñibilidade).
- ³¢²¹±¹²¹²Ô»å±ð°ùò¹: dúas salas con lavadoras e secadoras (de pagamento) a disposición de residentes.
- Bicicletas: a Residencia conta con bicicletas propias para préstamo por horas.
- Biblioteca e videoteca. Préstamo de libros e pelÃculas a residentes.
- Salas: lectura, estudo, traballo, ocio, vÃdeo/Tv, e espazo de ensaios. Ximnasio.
- °ä²¹´Ú±ð³Ù±ð°ùò¹: próxima reapertura
Dores Chedas Hervés
- Cargo
- Responsable de recepción
-
°Õ±ð±ôé´Ú´Ç²Ô´Ç²õ
- 881811952
- burgo.recepcion [at] usc.es
Eduardo Rey Tristán
- Cargo
- Director
-
°Õ±ð±ôé´Ú´Ç²Ô´Ç²õ
- 881811927
- direburg [at] usc.es
Punto de atención, información e servizos
-
°Õ±ð±ôé´Ú´Ç²Ô´Ç²õ
- 881 811 952
- burgo.recepcion [at] usc.es
O edificio actual da residencia ocupa unha parte do complexo denominado "Burgo das Nacións", construÃdo con carácter provisorio no ano 1965 para albergar os peregrinos que viñan a Compostela nese Ano Santo Xacobeo. Foi explotado pola Administración TurÃstica Española e chegou a ter unha capacidade de preto de 4.000 prazas distribuÃdas en 47 pavillóns.
Rematado o Xacobeo 1965, este conxunto de módulos, construÃdos con materiais lixeiros e efémeros, cubriu deficiencias e albergou institucións necesitadas de instalacións: foi residencia de posgrao, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa garderÃa, acolleu as dependencias da PolicÃa Nacional etc.
En 1979 a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê comezou a utilizar o Burgo das Nacións como residencia universitaria mixta. No curso académico de 1986-87 iniciáronse as obras do edificio actual, que se rematou no 1992-93.