
En 1992 a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e as asociacións estudantÃs colaboraron coa nunha campaña especÃfica a prol da galeguización dos nomes propios.
Os seus obxectivos seguen plenamente vixentes.
A galeguización do nome e dos apelidos é un acto simbólico de grande importancia para o proceso de normalización da nosa lingua. Cada vez que unha persoa galeguiza o seu nome e apelidos, ou escolle un nome galego para o seu fillo ou filla, non só está amosando publicamente o seu compromiso co noso idioma, senón que tamén está incidindo, co seu comportamento na sociedade en xeral e en todas as entidades en que vaia facer efectivo o cambio (administración, bancos, empresas subministradoras...).
A onomástica persoal pertence ao dereito privado, polo que deben ser os propios particulares os que procedan á restitución dos seus apelidos ou á tradución dos seus nomes propios. Na inmensa maiorÃa dos casos, os apelidos casteláns en Galicia son o produto da deformación case sempre involuntaria dun apelido orixinariamente galego. Non existe ningunha pexa legal para que galeguices o teu nome, os teus apelidos ou inscribas os teus fillos e fillas con nomes de noso: a , do 5 de novembro, sobre nome e apelidos e orde destes, garante os nosos dereitos ao respecto.
A institución que por lei é responsable dos aspectos normativos da lingua galega, a , facilita ás persoas interesadas e ás/os funcionarios dos rexistros civÃs as formas estándares de nomes e apelidos, a través do Dicionario dos nomes galegos (Ir Indo,1992) e d' , coas cales xa non son necesarios informes filolóxicos para os rexistros civÃs. En ambos recursos inclúese unha equivalencia das formas castelanizadas coas súas galegas correspondentes.
- (Real Academia Galega)
1. Na partida de nacemento
2. No carné de identidade
3. Na restante documentación de uso persoal
Outra información de interese
- Toda a tramitación é de balde.
- A Real Academia Galega establece as formas estándares de nomes e apelidos, a través do Dicionario dos nomes galegos (Ir Indo,1992) e d', coas cales xa non son necesarios informes filolóxicos para os rexistros civÃs. En ambos os recursos inclúese unha equivalencia das formas castelanizadas coas súas galegas correspondentes.
- Nos casos en que se denegue a galeguización, pódese interpoñer os correspondentes recursos previstos na Lei do rexistro civil e no seu Regulamento.