SI, en GALEGO. Descubre como o galego é unha oportunidade, é unha lingua moito máis viva e dinámica do que cres. Súmate a este proxecto no que coñecerás moitas persoas que xa descubriron que o galego non é ningunha barreira no mundo académico ou profesional. Polo contrario, é unha oportunidade para as e os emprendedores, para as cientÃficas e cientÃficos, para comunicármonos.
±Ê°ù´Ç³æÃ©³¦³Ù²¹³Ù±ð en GALEGO nace como espazo galego na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, como un obradoiro e foro de debate onde a Universidade se conecte coa sociedade en clave galega.
Dende as comisións de normalización lingüÃstica do Campus de Lugo (ADE, Ciencias, EPS, Formación do Profesorado, Humanidades e Veterinaria) vemos a necesidade de traballar co alumnado para potenciar o uso do galego na vida universitaria, e por extensión, nos proxectos profesionais resultantes.
Cremos que esta motivación se debe acadar dende unha óptica multidisciplinaria e a través de iniciativas transversais. O galego debe ser unha ferramenta adicional que lle dea ao alumnado a posibilidade de acadar obxectivos superiores nas súas carreiras profesionais, ben porque lles permita innovar e asà ter maior oportunidade de negocio, transmitir á sociedade os seus logros cientÃficos, ou mellorar a comunicación con persoas doutras culturas.
Dende esta filosofÃa, puxéronse a andar hai dous anos na Facultade de Veterinaria de Lugo as xornadas onde, debido á importancia desta realidade para esta profesión se articulaba unha conexión entre a Universidade e o medio rural a través do galego.
Froito do éxito acadado, en 2011, e xa coa participación das CNL da EPS, a Facultade de Humanidades e a Escola de Formación de Profesorado, organizáronse de novo estas xornadas, Achegándonos ao medio rural II, neste caso arredor da temática "Lingua, muller e dinámica social".
Entendemos que se xerou un escenario moi favorable para a reflexión sobre o galego no mundo universitario e a súa extensión cara á sociedade. As experiencias dos participantes permitiron ver en positivo que o galego, entendido non exclusivamente como o idioma, senón tamén como a nosa cultura e patrimonio, pode converterse nun dos piares ou motores das nosas vidas, tanto no plano persoal como no profesional. Percibimos entón que este espazo, estas horas de debate, servÃan de alimento vital para manter o espÃrito galego na universidade. Non queremos que este sustento estea localizado un espazo temporal tan breve, e por iso pensamos que debe mudar de formato tamén cara a un espazo virtual, o espazoÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, no que a rede creada nas xornadas –dende agora foroÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê– se manteña, se nutra e expanda.
Crear un espazo de traballo, coñecemento e debate en rede do galego na Universidade, especialmente dirixido ao alumnado, pero extensible a toda a comunidade universitaria e á sociedade en xeral.
- Exemplificar que o galego é unha lingua vehicular en calquera ámbito.
- Facer máis visibles para a comunidade universitaria todas as ferramentas TIC dispoñibles para o galego (ata o momento na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê accesibles só dende o SNL).
- Recopilar/inventariar o material de que se dispón en galego para o desenvolvemento profesional.