
Coincidindo co DÃa Mundial do Libro, a Cátedra RosalÃa de Castro organiza o mércores 23 de abril a plantación dun érbedo no xardÃn de Fonseca, nunha actividade concibida en colaboración co Concello de Santiago que procura honrar a memoria rosaliana.
O acto desenvolverase ás 10.00 horas coa participación da vicerreitora de Cultura, Pilar Murias, e da alcaldesa da cidade, Goretti SanmartÃn. Intervirán ademais a co directora da Cátedra institucional RosalÃa de Castro, MarÃa do Cebreiro Rábade Villar; a directora da Biblioteca Xeral, Mª Isabel Casal Reyes; e o o conservador do Museo de Historia Natural, Juan Manuel CutrÃn.
Como explica a profesora Rábade Villar, a lenda oral que rodea a RosalÃa atribúelle ao érbedo de Lestrobe un papel semellante ao carballo de Buchenwald para Goethe, "é dicir, era unha árbore na que ela gustaba de escribir, e aÃnda estaba en pé a mediados dos anos cincuenta do pasado século, pois conservamos unha imaxe da escritora compostelá Concha Castroviejo subida nel (concretamente, no filme Peregrinaxe lÃrica polos lugares rosalianos, do ano 1951)". Porén, engade, "a árbore foi talada, polo que a plantación pode concibirse como un acto de restitución simbólica da memoria rosaliana, asà como de ecoloxismo poético".
Rematadas as intervencións, as persoas asistentes trasladaranse á Biblioteca América onde a co directora da Cátedra institucional RosalÃa de Castro lle fará entrega á vicerreitora de Estudantes e Cultura dun libro de autor sobre a exposición RosalÃa en Fonseca. O xardÃn da revolución que quedará custodiado na Biblioteca Xeral da Universidade.