
Na cidade histórica están os edificios máis antigos e de maior valor representativo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. Os itinerarios programados achégannos á historia da Universidade a través dalgúns dos seus espazos máis emblemáticos como o Colexio de Fonseca e o Colexio de San Xerome, situados ao carón da Catedral, ou a actual Facultade de XeografÃa e Historia.
Tarifas | ||||
Xeral | Reducida | |||
Percorrido 1 (25 min): Colexio de Fonseca | luns a venres | 12:30 | 3 € | 2 € |
Percorrido 2 (1,15 horas) : Colexios de Fonseca e San Xerome | luns, mércores e venres | 17:00 | 5 € | 5 € |
Percorrido 3 (1,15 horas): Colexio de Fonseca-Facultade de XeografÃa e Historia | xoves | 17:00 | 6 € | 5 € |
²õá²ú²¹»å´Ç | 12:30 | 6 € | 5 € |
Percorridos
Percorrido 1: Colexio de Fonseca (25 min)
Colexio de Fonseca (século XVI): Claustro y Biblioteca América
Percorrido 2 (1 h 15 min): Colexio de Fonseca e Colexio de San Xerome
- Colexio de Fonseca (Colexio universitario do século XVI): Salón Nobre, Biblioteca América, FacsÃmil do libro máis antigo de Santiago: O Libro de Horas de Fernando I de León (orixinal siglo XI).
- Colexio de San Xerome: Claustro alto (vÃtores e galerÃa de reitores, salón reitoral e balcóns do Obradoiro.
Percorrido 3 (1 h 15 min): Colexio de Fonseca y Facultade de XeografÃa e Historia.
- Colexio de Fonseca (Colexio universitario del século XVI): Salón Nobre, Biblioteca América, FacsÃmil del libro más antigo de Santiago: O Libro de Horas de Fernando I de León (orixinal século XI).
- Facultade de XeografÃa e Historia: Salón Paraninfo.
Os percorridos poderán variar por mor da actividade académica
Tarifas
- Tarifa especial: grupos externos á ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, pensionistas, estudantes externos acreditados e carne xove.
- ** Usuarios ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê: gratuita, primeiro mércores e primeiro xoves de cada mes, previa reserva.
- Outras excepcións: menores de 12 anos, entrada gratuÃta.
- Grupo de Centros de Ensino, ata 22 persoas: 75 €.
Información, venda e recollida de billetesÌý para reservas individuais
Tenda oficial da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê
Colexio de Fonseca. Rúa do Franco con praza de Fonseca.
Teléfono: +34 881 81 11 30
Horario da Tenda: de luns a ²õá²ú²¹»å´Çs: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Ìý
Información e reservas para grupos
Oficina de Congresos
Teléfono: +34 881 814 415
Correo electrónico: visitas.patrimonio [at] fundacionusc.gal (visitas[dot]patrimonio[at]fundacionusc[dot]gal)
Colexio de Fonseca
Este é o colexio máis antigo e berce da Universidade (S. XVI). Foi o máis importante durante séculos en Galicia, servÃa como lugar de docencia e residencia, ambos usos organizados ao redor do seu claustro. Hoxe alberga a Biblioteca Xeral da Universidade, referencia tanto polo número de volumes como polo valor histórico, a Biblioteca América, ademais doutros espazos con usos diversos coma a investigación, exposicións, eventos institucionais e a propia Tenda da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
Salón do artesoado. Antiga aula xeral, hoxe espazo expositivo. Conta cunha cuberta de madeira de deseños xeométricos estilo mudéxar bastante raro en Galicia. Foi tamén sede do Parlamento de Galicia.
Claustro. Espazo central e vertebrador do Colexio. Arredor do patio con xardÃn, resalta a inscrición latina que indica quen e para quen se construÃu o Colexio. Está presidido pola escultura do seu fundador, o arcebispo Alonso III de Fonseca.
Biblioteca América. Biblioteca-museo especializada en Hispanoamérica, legado de Gumersindo Busto, compostelán afincado en Bos Aires. Foi inaugurada no ano 1926.
Salón Nobre. Gran salón con disposición protocolaria académica onde se celebran actos formais como a investidura dos Doutores e Doutoras Honoris Causa.
Colexio de San Xerome
Outro dos colexios construÃdos pola Universidade, situado no lado sur da Praza do Obradoiro. Segue unha estrutura moi similar ao Colexio de Fonseca cun claustro central ao redor do que se distribúen as dependencias, adaptadas para o seu uso actual como sede da ReitorÃa.
Destaca o Paseo de VÃtores (anagramas e nomes inscritos nas paredes que conmemoraban a aqueles que chegaban ao doutoramento ou á cátedra), a colección de pinturas, o Salón de Graos e o Salón Reitoral con balcóns á Praza do Obradoiro.
Salón de Graos. Antiga capela do Colexio e hoxe un espazo de representación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. Nel atópase, entre outras pezas de ourivarÃa, a Maza da Universidade, importante xoia simbólica que aÃnda hoxe se emprega nos actos universitarios máis solemnes como a apertura do curso académico ou a investidura dos Doutores e Doutoras Honoris Causa.
Fachada e balcóns. Fachada que comparte a Praza do Obradoiro coa Catedral, co Pazo de Raxoi, sede do goberno autonómico e do Concello, e co Hostal dos Reis Católicos (antes Hospital Real). Os balcóns de San Xerome son un miradoiro privilexiado da praza e a súa monumentalidade.
Facultade de XeografÃa e Historia. O Paraninfo.
A facultade sitúase na Praza da Universidade e constitúe xunto cos edificios anexos da Praza de Mazarelos, Igrexa ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e Facultade de FilosofÃa, a ‘Universidade da Ilustración’, que se formou dende mediados do S. XVIII. A partir de aquà empezan a rexer as ciencias experimentais fronte aos postulados eclesiásticos que marcaban os estudos impartidos ata ese momento.
Destaca nesta facultade o Paraninfo e a biblioteca.
O Paraninfo. É a estancia máis nobre do edificio e sede dos actos académicos máis relevantes. Foi inaugurado no ano 1906. Conta cunha gran riqueza artÃstica na súa decoración destacando as pinturas do teito que representan as alegorÃas das Artes, Ciencias e as Letras. Está protagonizado pola imaxe de Minerva, deusa da SabedorÃa, situada no centro.
Destacable é tamén a cornisa de estilo renacentista con elementos vexetais, letras douradas e medallóns alusivos a persoeiros ilustres da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
Biblioteca. A biblioteca da facultade é unha das bibliotecas con uso continuado como salón de estudo dende a súa creación, máis antigas de Europa. Conta cun mobiliario inspirado nas bibliotecas monásticas barrocas. Está datada no século XVIII.