
Do 9 de abril ao 30 de maio exhÃbese no Claustro Alto do Colexio de Fonseca a exposición 'RosalÃa en Fonseca. O xardÃn da revolución'. O reitor da Universidade, Antonio López DÃaz, presidiu a inauguración na que interviñeron a comisaria da mostra e directora da Cátedra RosalÃa de Castro, MarÃa do Cebreiro Rábade Villar; o co director da Cátedra, Fernando Cabo Aseguinolaza, e o responsable das coleccións do Museo de Historia Natural, Juan Manuel CutrÃn.
RosalÃa de Castro nace no mesmo ano no que, por vez primeira, unha muller consegue entrar na Biblioteca Nacional. Non se sabe se a escritora galega repetiu esa xesta durante os seus anos madrileños, mais o certo é que nunca puido cursar estudos universitarios. Con todo, hoxe en dÃa coñécese que a nai da autora, dona Teresa Castro AbadÃa, se preocupou, de xeito moi consciente, pola súa educación. Na adolescencia, RosalÃa beneficiouse da instrución musical, dramática, literaria e pictórica recibida como froito da súa vinculación aos cÃrculos progresistas do Liceo de la Juventud e desde o seu nacemento (ao parecer, asistido polo catedrático Varela de Montes) ata o matrimonio co MurguÃa, con certeza a escritora participou das ideas xeradas desde a Universidade, incluÃdas as cientÃficas e, máis especificamente, as botánicas.
Porén, o certo é que RosalÃa nunca entrou en Fonseca, e a xulgar por un fragmento da súa novela Ruinas (1866), a súa visión da Universidade compostelá non era, naqueles anos, favorable. Con estes antecedentes, ao abeiro da recén estreada Cátedra RosalÃa de Castro, baixo o auspicio do Museo de Historia Natural da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, e grazas ao financiamento dunha bolsa Leonardo da Fundación BBVA, semella chegada a hora dunha restitución que permita o ingreso simbólico, con honores, da autora RosalÃa de Castro na Universidade de Santiago de Compostela.
A mostra pode visitarse luns a venres, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
