
Está integrado polos protocolos notariais con antigüidade superior aos cen anos dos distritos de Arzúa, Corcubión, Melide, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Padrón e Santiago. Enriqueceuse, a partir de 1959, coa documentación das antigas contadorÃas de hipotecas de Santiago e mais coa documentación do Rexistro da Propiedade de Santiago.
Protocolos notariais
Está formado polos protocolos notariais con antigüidade superior aos cen anos dos distritos de Arzúa, Corcubión, Melide, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Padrón e Santiago.
O fondo de Santiago, incorporado ao Arquivo no ano 1969, pertence na súa maior parte á cidade, aÃnda que hai documentación das antigas xurisdicións da provincia de Santiago.
No ano 1993 ingresaron os protocolos dos restantes distritos que procedÃan do IlustrÃsimo Colexio Notarial da Coruña.
Este fondo vaise incrementando coas transferencias periódicas realizadas polos notarios arquiveiros dos diferentes distritos notariais.
ContadorÃa de hipotecas e rexistro da propiedade
Ingresou no Arquivo en 1959. Comprende a documentación das antigas contadorÃas de hipotecas de Santiago.
A documentación das contadorÃas é interesante para o estudo da evolución xurÃdica e económica da propiedade inmoble da antiga xurisdición de Santiago de Compostela.
A súa cronoloxÃa vai desde 1768 ata 1870.
DivÃdese en dous grandes grupos:
- Libros de translación de gravames dos concellos de Santiago de Compostela, Boqueixón e Vedra.
- Libros de translación de dominio dos concellos de Santiago de Compostela, Boqueixón, Conxo, Enfesta e Vedra.
Atopamos tamén documentación do Rexistro da propiedade de Santiago que se creou en 1862, ao desaparecer a ContadorÃa.
Notarial
- Distrito Notarial de Arzúa
- Distrito Notarial de Corcubión
- Distrito Notarial de Muros
- Distrito Notarial de Negreira
- Distrito Notarial de Noia
- Distrito Notarial de Ordes
- Distrito Notarial de Padrón
- Distrito Notarial de Santiago
Rexistral
- ContadorÃa de Hipotecas
- Rexistro da Propiedade de Santiago