Contacto
-
Enderezo
- Rúa das Casas Reais, 5, 15782Santiago de Compostela
- °Õ±ð±ôé´Ú´Ç²Ô´Ç²õ
- 881 812 880
- Horario
- Luns a xoves; de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Venres, de 9:30 a 14:00.
O Arquivo Histórico Universitario está constituÃdo pola documentación administrativa e académica xerada pola Universidade ao longo da súa historia e polos fondos documentais non universitarios adquiridos, doados ou confiados en depósito á ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
O Arquivo ten como función conservar, ordenar, clasificar e facilitar a consulta e uso da documentación.
O Arquivo Universitario estrutúrase en administrativo e histórico. Como arquivo histórico constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia.
A existencia do Arquivo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê inÃciase no mesmo momento no que a institución empeza a xerar documentación, e con documentos anteriores a esa data achegados polos fundadores para garantir o seu patrimonio e sostemento económico.
A documentación reflicte a evolución, os cambios e as transformacións sufridas pola Universidade compostelá desde os albores da Idade Moderna. A preocupación polo coidado dos seus documentos aparece constatada nas distintas constitucións, estatutos e visitas que se realizaron ao longo de todo o Antigo Réxime, o cal testemuña a relevancia funcional e o interese xurÃdico e administrativo que o Arquivo tivo durante todo este perÃodo.
A ruptura coa tradición e a renovación da Universidade na época contemporánea produciuse nun convulso século XIX como consecuencia dos sucesos polÃticos e, sobre todo, polas distintas leis educativas xurdidas neste perÃodo. Nelas a figura do Reitor convértese na máxima autoridade do ensino no distrito universitario. Estas novas competencias, entre outras, nos campos do ensino primario e media, xerarán novas series documentais, conservadas hoxe en dÃa, e que converten os seus fondos en ferramenta imprescindible para o estudo de calquera faceta da historia da educación en Galicia.
Pola contra, a natureza da documentación ingresada ao longo do século XX desborda o campo educativo. É froito de compras, depósitos ou doazóns que veñen completar e enriquecer o fondo universitario, convertendo ao Arquivo Histórico Universitario no que é hoxe en dÃa: un auténtico arquivo de arquivos, cuns fondos transversais e complementarios, que se erixiu como referencia en campos moi diversos da historia e a cultura local e galega.
Nos últimos tempos incorporáronse progresivamente as posibilidades e vantaxes que as TIC proporcionan ás institucións culturais. Neste sentido, está a desenvolverse un programa de dixitalización documental que se plasma nun banco con centos de miles de datos e imaxes dos seus fondos históricos, accesibles en liña, e, por tanto, sen limitación espacial nin temporal.
Despois de ocupar diversas instalacións ao longo da súa andaina —desde a arca orixinal ata as precarias instalacións da 3.ª planta da actual facultade de XeografÃa e Historia—, o Arquivo ocupa, desde 1990, un inmoble propio situado na zona histórica da cidade: 2.590 m2 de espazo en seis plantas, das que tres se dedican exclusivamente a depósitos documentais con esixentes condicións ambientais e de seguridade. O edificio conta con espazos e instalacións adecuadas para usuarios internos e externos, incluÃndo unha sala de conferencias e exposicións con capacidade para 50 persoas.