ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê

Ir o contido principal

Seguimento de doutorandos/as

Estes son os termos e procedementos que deberás coñecer e realizar para o desenvolvemento do plan de investigación e formación, facer o seguimento académico do teu traballo e tramitar solicitudes.

Supervisión da tese

Asignación do titor/a

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) asignará unha persoa titora para o seguimento da formación como investigador do/a doutorando/a no momento de resolver a admisión, que trasladará á aplicación informática.

O titor/a deberá ser profesorado asignado ao programa con experiencia investigadora acreditada e vinculación permanente coa ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, ou en situación de excedencia temporal por estar acollidos a programas de excelencia investigadora. O PDI sen relación permanente poderá ser persoa titora durante o tempo da vinculación contractual coa ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.

Asignación do director/a de tese

No momento de resolver a admisión ou, de non ser posible, no prazo máximo de tres meses desde a formalización da matrícula, a Comisión Académica asignará a cada doutorando/a unha persoa directora de tese, que trasladará á aplicación informática.

Esta asignación poderá recaer sobre calquera persoa doutora española ou estranxeira, con experiencia investigadora acreditada (art. 25.3 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê) con independencia da universidade, centro ou institución en que preste os seus servizos. O director/a de tese poderá ser a mesma persoa designada como titor/a.

Poderá exercer a codirección da tese calquera persoa doutora española ou estranxeira que non posúa experiencia investigadora acreditada, sempre e cando cumpra un dos requisitos establecidos no artigo 26.5 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.

Para que desde a aplicación poida rexistrarse ao director/a asignado pola Comisión Académica será necesario que previamente conste na base de datos «Rexistro de directores» da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. No caso de non estar incluído nesta base de datos, o coordinador/a do Programa de Doutoramento poderá solicitar a súa inclusión enviando a edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es) os modelos correspondentes que se atopan no despregable -Dirección de tese- da páxina Formularios e modelos.

Cambio de titor/a ou director/a

Ao longo do desenvolvemento da formación doutoral, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento poderá, por causa xustificada, modificar os nomeamentos de titor/a e director/a de tese, de oficio ou a petición do interesado.

O doutorando/a pode solicitar á Comisión Académica do seu programa o cambio de titor/a ou director/a a través da súa Secretaría Virtual, presentando unha proposta razoada ante a comisión.

Codirección de tese

Unha tese poderá ter máis dun director/a cando existan razóns de índole académico ou de carácter interdisciplinar, ou no caso de programas desenvolvidos en colaboración con outras institucións/universidades, sempre e cando cumpran o establecido no artigo 26 do Regulamento de estudos de doutoramento da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.

O número máximo de directores/as dunha tese será dúas. Para o nomeamento dun terceiro/a director/a deberán cumprirse os seguintes requisitos:

  • Proposta da CAPD
    Ìý
  • Autorización da EDIUS
    Ìý
  • Que un deles exerza de titor/a
    Ìý
  • Que a asignación veña motivada pola interdisciplinariedade temática da tese na que as tres persoas directoras pertenzan a ámbitos de coñecemento diferenciados; que a tese se desenvolva no marco dun proxecto estatal ou internacional obtido mediante convocatoria competitiva en colaboración con outro centro ou institucións nacionais ou estranxeiras; que a tese se desenvolva en réxime de cotutela.

É necesaria a autorización da EDIUS, logo da proposta da CAPD, para a asignación dun segundo director/a pasados 36 meses desde o inicio dos estudos para estudantes con dedicación completa, ou 63 meses cando a dedicación sexa a tempo parcial. No suposto de dedicacións mixtas aplicarase o artigo 20.1. Esta incorporación deberá vir acompañada dunha modificación do plan de investigación e formación.

Isto non será posible se o doutorando/a está en período de prórroga.

Para solicitar a autorización da EDIUS o programa debe enviar a edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es) os modelos correspondentes que se atopan no despregable -Dirección de tese- da páxina Formularios e modelos.

O doutorando/a pode solicitar á Comisión Académica do seu programa a asignación dun novo director/a. Este trámite non está dispoñible na súa Secretaría Virtual.

Considerarase como perfil autorizado a persoa que exerce como titor/a ou director/a dun doutorando/a e que traslada todos os informes de avaliación ou xestións a través da plataforma informática da Universidade.

Este perfil autorizado é designado pola CAPD.

O CDS é o documento que recolle as funcións de supervisión, tutela e seguimento das persoas doutorandas. Nel especifícanse as condicións de realización da tese, os dereitos e deberes dos doutorandos/as, incluíndo os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, a aceptación do procedemento de resolución de conflitos, así como os deberes e dereitos da persoa titora e directora de tese (cargos que poden recaer na mesma persoa).

Aceptación do Compromiso Documental de Supervisión

Aceptación por parte de:

  1. O doutorando/a tras realizar a súa matrícula (pola súa secretaria virtual).
     
  2. O titor/a (pola súa secretaria virtual) tras a aceptación do CDS polo doutorando/a.
     
  3. O director/a de tese no momento da súa asignación por parte da CAPD. (O profesorado alleo á ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê recibirá un correo electrónico para a aceptación do CDS).
     
  4. O coordinador/a, sen notificación. Aparecerá na súa Secretaría Virtual como temas pendentes unha vez o CDS sexa aceptado polo doutorando/a e o titor/a.

Seguimento da tese

O/a doutorando/a deberá deixar constancia de todas as actividades de interese realizadas durante a etapa de tese.

As actividades rexístranse co documento que acredite a súa realización a través da Secretaria Virtual (no epígrafe «Consulta expediente Doutoramento RD 99/2011») nos prazos establecidos para cada curso académico, e serán valoradas e validadas polo titor/a ou director/a, que asume a figura de perfil autorizado, e anualmente avaliadas pola Comisión Académica do Programa.

Aínda así, o/a doutorando/a deberá custodiar os documentos orixinais que acrediten as actividades realizadas.

Para depositar a tese é conveniente ter as actividades debidamente rexistradas e marcadas como realizadas no documento de actividades, xa que a CAPD esixe, entre outros requisitos, a superación de todas as actividades de carácter obrigatorio de cada programa.

O Plan de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô e de ¹ó´Ç°ù³¾²¹³¦¾±Ã³²Ô persoal é o documento que deberá recoller a metodoloxía que empregará o/a doutorando/a e os obxectivos que se pretenden alcanzar, así como os medios e a planificación temporal para alcanzalos. No apartado de formación persoal se recollerá a previsión das actividades formativas que se desenvolverán durante este período de formación doutoral incluíndo, en todo caso, as establecidas como obrigatorias polo programa de doutoramento.

Cando se tramita?

  • Plan de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô e ¹ó´Ç°ù³¾²¹³¦¾±Ã³²Ô inicial: No caso de ser o primeiro ano de matrícula no Programa de Doutoramento, no prazo máximo de seis meses naturais contados desde a data de matrícula e sempre antes do fin do curso académico. Os doutorandos matriculados en segunda convocatoria deberán ter presentado o seu plan antes do 31 de xullo.
     
  • Modificación do Plan de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô e ¹ó´Ç°ù³¾²¹³¦¾±Ã³²Ô: Cada doutorando/a poderá modificalo cando o considere necesario. En todo caso, sempre se deberá modificar no suposto de que a tese que se vai defender sufra algunha variación con relación ao derradeiro PIF aprobado pola CAPD.

No caso de avaliación negativa, que será debidamente motivada, o/a doutorando/a deberá elaborar un novo Plan de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô no prazo que estableza a CAPD, que non poderá exceder dos tres meses desde o rexeitamento.

Como se tramita?

Na Secretaría Virtual (no epígrafe «Consulta expediente Doutoramento RD99/2011»). Só se pode facer se na aplicación hai constancia da asignación do titor/a e director/a de tese. De non telos asignados, deberá contactar co programa de doutoramento.

Unha vez cumprimentados todos os apartados do PIF deberá envialo a informe do perfil autorizado, que posteriormente aprobará a CAPD.

Recoméndase cubrir este documento canto antes dado que é requisito telo aprobado para participar en convocatorias de axudas predoutorais.

O seguimento do labor de investigación dos doutorandos/as será avaliado anualmente pola Comisión Académica de cada Programa de Doutoramento a través da valoración do Documento de Actividades e do desenvolvemento do Plan de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô e de ¹ó´Ç°ù³¾²¹³¦¾±Ã³²Ô.

Previamente, o/a titor/a ou director/a que figura como perfil autorizado debe aceptar, ou non, as actividades do doutorando e posteriormente xerar o seu informe. Emitido o informe polo perfil autorizado, o/a coordinador/a do programa de doutoramento trasladará a avaliación da Comisión Académica á aplicación para que conste no expediente do doutorando nos termos de positiva ou negativa.

No caso dunha avaliación negativa, que será debidamente motivada mediante informe da CAPD, o doutorando volverá a ser avaliado segundo o prazo fixado pola ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, que nunca excederá dos seis meses desde a avaliación anterior.

No caso de que se manteña a avaliación negativa, a CAPD emitirá informe negativo definitivo debidamente motivado. Contra esta avaliación definitiva poderase solicitar revisión de forma motivada ante a CAPD nos prazos establecidos.

No caso de desestimación da reclamación, o doutorando/a será dado de baixa do Programa de Doutoramento de forma definitiva.