Toda tese estará estruturada, como mÃnimo, nos seguintes apartados esenciais: resumo, introdución, obxectivos, metodoloxÃa, resultados, conclusións e bibliografÃa, que deberán reflectirse no Ãndice da tese.
Agora que te atopas na fase de redacción, imos aclarar algúns aspectos formais que se teñen en conta na avaliación do teu traballo de investigación. Repasámolos a continuación:
IDIOMA
Como norma xeral, a tese redactarase en galego ou castelán.
·¡³æ³¦±ð±è³¦¾±Ã³²Ô²õ:
- A tese tamén poderá ser escrita e defendida noutras linguas habituais para a comunicación cientÃfica no teu campo de coñecemento, sempre que contes con autorización da túa CAPD. Nestes casos deberás incluÃr un resume en galego non inferior a 3.000 palabras na propia tese.
- Se a túa tese inclúe a maiores dos apartados esenciais outros tales como referencias, mencións, aportacións ou apéndices, ben realizados por ti e/ou por outros autores/as, estes poderán figurar no idioma no que foron publicados aÃnda que sexa diferente do galego, castelán ou o idioma autorizado.
- Nas teses por compendio de publicacións, os artigos incluÃdos na tese poden estar nun idioma diferente ao da propia tese.
En calquera caso, o idioma de redacción da tese apróbase co Plan de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô e, no caso de querer modificalo, requirirase a aprobación dun novo Plan de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô pola CAPD.
FORMATO
Dispoñemos dun formato estandarizado de uso obrigatorio para que maquetes a cuberta, antecuberta e portada interior da tese.
O formato da tese será en PDF tamaño A4 (desprotexida e sen sinaturas). Precisarás:
- . Ao final da aplicación elixir "xerar documento dixital". (Recoméndase o uso de Firefox).
O documento non pode ter marcas de auga e debe conter o número de páxinas en branco imprescindibles.
Asà mesmo, recomendámosche seguir os criterios de homoxeneidade, lexibilidade tipográfica e facilidade funcional recollidos na guÃa de estilo para a elaboración de teses doutorais realizadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio CientÃfico:
Non é preciso entregar ningún exemplar impreso da tesis na EDIUS, aÃnda que a aplicación de cuberta e antecuberta xera un PDF para a versión impresa da mesma, por se a desexas.
Contacta con nós en edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es) se tes calquera dúbida.