En recordo do profesor Javier Serrano Alonso

Javier Serrano Alonso (1962-2024), profesor titular do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, TeorÃa da Literatura e LingüÃstica Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, finou o pasado dÃa 6 de xuño, deixando tras si unha meritoria actividade académica e unha inxente produción cientÃfica. Con tal motivo, o Grupo de Investigación Valle-Inclán da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, que coordinaba dende setembro de 2021, desexa compartir coa comunidade universitaria o seu fondo pesar e o seu recoñecemento polo extraordinario legado que deixa como profesor e investigador.
Foi autor e coautor de varias monografÃas sobre Valle-Inclán, como a BibliografÃa General de Ramón del Valle-Inclán ou Los cuentos de Valle-Inclán. Estrategia de la Escritura y genética textual. Esta publicación, orixinaria da súa tese de doutoramento, asentou unha metodoloxÃa de investigación que foi seguida por varios dos seus discÃpulos en diversos traballos académicos.
Editou diversas obras do autor arousán, como as Sonatas (Alianza Editorial), participou no equipo que editou a Obra Completa do escritor na Biblioteca Castro e formou parte do comisariado de varias exposicións dedicadas á imaxe pública do autor, 'Valle-Inclán Debuxado. Caricaturas e retratos do escritor (1888-1936)' ou 'Valle-Inclán: Genio y figura (1866-1936)', ambas promovidas pola Cátedra Valle-Inclán.
Asemade, dentro do seu continuado e rigoroso traballo de exhumación documental na prensa periódica é preciso subliñar a súa esencial contribución ao e, asemade, á edición das conferencias completas de Valle-Inclán e os ensaios sobre a vida e obra de Ramón Pérez de Ayala. A súa derradeira publicación foi dedicada tamén a este escritor, Ramón Pérez de Ayala: Auto de fe con Galdós. Ensayos galdosianos, con el epistolario entre los autores. Mantivo, de feito, a súa actividade de investigación ata datas moi recentes, deixando preparado un libro para a súa publicación: El Trueno Dorado. Estudio y edición facsÃmil, diplomática y crÃtica de los manuscritos, que formará parte da colección Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
O Grupo de Investigación Valle-Inclán da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e a Cátedra Valle-Inclán lamentan profundamente a irreparable perda dun dos seus principais investigadores e un dos máis recoñecidos especialistas nos estudos valleinclanianos e destacan o valor humano e a xenerosidade do Profesor Serrano Alonso como compañeiro: «Y aunque la vida perdió,/ dejónos harto consuelo/ su memoria».