Veterinaria achega novas claves para descifrar o legado de Da Vinci e descubre a súa vocación polo estudo da anatomÃa animal

A AnatomÃa achega as creación artÃsticas do xenio do Renacemento italiano Leonardo Da Vinci ás aulas da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, que, a través desta disciplina, afonda no estudo das creacións deste xenio do Renacemento italiano nun artigo que veñen de publicar as profesoras Matilde Lombardero e Mar Yllera, da área de área de AnatomÃa Veterinaria e AP comparadas do Departamento de AnatomÃa, Produción Animal e Ciencias ClÃnicas Veterinarias, na revista ‘Animals’ baixo o tÃtulo ‘ .
A maior parte dos debuxos de Leonardo da Vinci que versan sobre anatomÃa atópanse na (RCT) e están accesibles en alta resolución na súa web. Asemade, a Bibliothèque de l’Institut de France e a (RMN) tamén dispoñen de varios manuscritos de Leonardo da Vinci, aÃnda que só o Manuscrit K contén imaxes da anatomÃa comparada da perna do home e do membro pelviano do cabalo. A disposición desta documentación é de vital importancia, xa que cómpre lembrar que Da Vinci non acostumaba por nome aos seus debuxos anatómicos de animais. Daquela, aÃnda que algúns son doados de identificar, noutros hai que basearse en detalles e incluso hai debuxos nos que resulta imposible a identificación da especie.
Os casos do pé esquerdo do oso que, en realidade corresponde ao pé dereito, e o do tronco dun cabalo que resulta ser dun can, son dous exemplos que dan conta da complexidade que implica a identificación dos debuxos anatómicos de animais de Leonardo Da Vinci, apuntan as profesoras e investigadoras da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Mar Yllera e Matilde Lombadero.
Respecto ao pé do oso, representado en varias vistas e descrito como o pé esquerdo, corresponde en realidade co membro pelviano dereito. Para chegar a esa conclusión Lombardero e Yllera analizaron a disposición dos ósos da perna, do tarso e do pé. As autoras deste estudo apuntan neste senso que a confusión agora advertida pode responder a que posiblemente só se considerou a disposición dos dedos dos pés, xa que nos osos o dedo máis pequeno é o primeiro (o máis medial), mentres que en humanos é o quinto dedo (o máis lateral). Doutra banda, tamén se detalla un bosquexo da anatomÃa do antebrazo, carpo e man dun animal carnÃvoro, que, segundo a bibliografÃa consultada, non estaba descrito previamente. Para estudalo, haberÃa que darlle a volta á imaxe do pé do oso, apuntan estas investigadores do campus de Lugo, ao tempo que sinalan que o resto das imaxes da serie do pé do oso tamén corresponden ao pé dereito.
Leonardo da Vinci tiña en mente elaborar un tratado sobre a anatomÃa do cabalo, pero este traballo perdeuse a consecuencia da guerra con motivo da invasión de Milán por tropas francesas (ano 1499). Dese tratado, consideraban que só se conservaba un debuxo, denominado ‘as vÃsceras dun cabalo’. Esta nova achega creativa de Da Vinci, vista desde as cavidades corporais cara ao teito (columna vertebral) semella corresponder co tronco de cabalo. Mais, en realidade, as vÃsceras son escasas (só o corazón, o fÃgado, os riles e os testÃculos), pero o que sà aparecen debuxados con detalle son os vasos sanguÃneos.
Daquela, unha análise minuciosa destes vasos sanguÃneos, indican as autoras deste artigo, permite apreciar tres puntos clave que axudan a determinar a especie: o primeiro son os vasos que se orixinan a partir do caiado aórtico. Neste caso dúas ramas. Se se tratase dun cabalo ou ruminante, só haberÃa unha rama. Se fose un humano, haberÃa tres ramas, mentres que se fose un carnÃvoro (can ou gato), só haberÃa dúas ramas, tal e como aparecen no debuxo. O segundo punto clave está a nivel lumbar, onde se representan dúas ramas da Aorta (perfectamente debuxadas na parte dereita do debuxo, pero somentes esbozadas no lado esquerdo do debuxo) correspondentes ás arterias circumflexas profundas do ilion. Nun cabalo, estas ramas nacen das arterias iliacas externas, pero non directamente da Aorta. E o terceiro punto clave é a presenza de vasos exclusivos dos carnÃvoros (arterias e venas circumflexas superficiais do ilion).
Alén desta información nova, Yllera e Lombardero tamén analizaron outros aspectos como a forma do fÃgado, a morfoloxÃa dos riles e dos testÃculos. Só hai unha nota disonante que é que os cabalos carecen da parte terminal da Aorta (unha vez que dá lugar ás arterias ilÃacas internas dereita e esquerda, denominada arteria sacral mediana) que tampouco aparece debuxada, pero que sà aparece no resto das especies domésticas.
Outra das pescudas realizadas por estas profesoras da Facultade de Veterinaria da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê no marco deste estudo afectan á análise dos debuxos de anatomÃa comparada da perna humana e do membro pelviano do cabalo da RCT e do manuscrito K da Bibliothèque de l’Institut de France e RMN. Leonardo da Vinci fai unha primeira comparativa cos membros en reposo e tamén cos membros flexionados durante a marcha (en teorÃa), aÃnda que parece máis ben o momento previo ao salto, para tomar impulso. Nestes debuxos, explican, os músculos aparecen representados como cordóns para tratar de ver a súa acción en base a súa posición e aos puntos de fixación, xa que Leonardo da Vinci sempre tratou de establecer ou buscar unha relación entre estrutura e función.
A publicación feita polas profesoras Matilde Lombardero e Mar Yllera xusto no ano do quinto centenario do falecemento deste xenio do Renacemento italiano, unida revisión dalgúns dos debuxos de Leonardo da Vinci achega novas claves para descifrar o seu legado, complexo e detallado, cun debuxos que reflicten a súa menos coñecida vocación do estudo da anatomÃa animal.