Unha xornada divulgativa sobre a etnografÃa local cita este sábado a máis de 50 persoas na Estación CientÃfica do Courel

A Estación CientÃfica do Courel acolle este sábado, a partir das 10.00 horas, unha xornada monográfica sobre etnografÃa courelá, na que intervirán como relatores Jesús Afonso Parada Jato e a licenciada en Farmacia MarÃa Moure Oteyza, que impartirá un curso sobre usos tradicionais de plantas medicinais na serra courelá.
O programa desta actividade formativa, promovida polo Campus Terra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê a través do director da Estación CientÃfica do Courel, Antonio Rigueiro, prolongarase durante toda a xornada ata as 19.00 horas. A xornada comezará cun relatorio sobre usos, costumes e cousas do Courel, a cargo do escritor e investigador Jesús Afonso Parada Jato.
De seguido, a licenciada en Farmacia MarÃa Moure Oteyza impartirá un curso sobre usos tradicionais das plantas medicinais na Serra do Courel. As persoas que participen neste curso poderán logo poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante unha saÃda ao campo programada en quenda de tarde.