A ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê validará a tecnoloxÃa do proxecto europeo Ministor, unha solución térmica novidosa concibida para uso doméstico

A Universidade de Santiago é responsable de validar a tecnoloxÃa de , unha solución de almacenamento de enerxÃa térmica de mÃnimo tamaño e gran capacidade para todos os climas e configuracións domésticas desenvolvida no marco dun proxecto europeo no que participa a institución compostelá a través do equipo do profesor de FÃsica e investigador do grupo LABSIS - Laboratorio de Sistemas Juan Arias.
Para esa validación, instalouse na Residencia Universitaria Burgo das Nacións un prototipo do sistema, que hoxe se presentou oficialmente en Santiago nun acto na propia residencia no que participou o equipo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê; o coordinador do proxecto, Carlos Ochoa, do IERC; asà como representantes dos 17 socios europeos que interveñen nesta iniciativa europea.
Deseñado para aplicacións residenciais, MiniStor ofrece calefacción e refrixeración nunha unidade compacta e versátil, logrando unha densidade de almacenamento térmico ata dez veces maior que a da auga. A tecnoloxÃa de MiniStor probouse en cinco localizacións con climas moi diversos; unha delas é Santiago de Compostela.
Os socios europeos comezaron a traballar en 2019 por unha solución sostible que realizase o potencial de eficiencia enerxética do parque de vivenda europeo. Financiado polo programa Horizonte 2020 da Unión Europea, MiniStor logrou un sistema modular de mÃnimo tamaño do que se poderán beneficiar tanto novos edificios como os xa existentes para lograr frÃo ou calor, aproveitando a variabilidade de fontes de enerxÃa renovables ao logo de todo o año.
O sistema entregouse en Santiago de Compostela en 2024 xunto co campo solar. Escolleuse o clima temperado de influencia atlántica da cidade e en concreto un piso de 80 metros cadrados no complexo universitario Burgo das Nacións, con habitacións e apartamentos para estudantes e visitantes. Tras a conexión e as primeiras probas, a unidade operará agora baixo a responsabilidade da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, que medirá unha serie de indicadores respecto ao impacto agardado tendo en conta a experiencia das persoas usuarias, validando asà o seu potencial de replicabilidade.
Fusión de tecnoloxÃas
MiniStor é unha fusión de novas tecnoloxÃas: un eficiente almacenamento termoquÃmico baseado en sales de amonÃaco e cloruro de calcio, un material de cambio de fase que acumula calor latente, paneis hÃbridos fotovoltaicos-térmicos, e unha ferramenta dixital asistida por unha plataforma do Internet das Cosas para o manexo do sistema e a toma de decisións intelixente. É un enfoque centrado na persoa usuaria, pensado para o confort e capaz de aforrar tanto electricidade como enerxÃa calorÃfica, posicionando o sector residencial europeo máis cerca do obxectivo de descarbonización.
A solución proposta por MiniStor está despregada e está sendo avaliada en condicións reais ao longo dun piloto e catro sitios demostradores, seguindo os máis altos estándares na Unión Europea. Estas cinco localizacións representan diferentes usos residenciais, desde alugueiros sociais a cuartos para estudantes, con condicións climáticas, cargas termais e regulacións diferentes. Grecia, HungrÃa, España e Irlanda albergan estes demostradores, comezando as probas en 2023.
MiniStor ten capacidade de operar por riba de 20 anos, condición marcada pola convocatoria do programa europeo de investigación Horizonte 2020, como parte dun modelo de circularidade de responsabilidade ampliada, que asegura o soporte técnico ao longo do ciclo de vida e o reciclado das compoñentes cando xa no sexan necesarias.