Resolto o certame audiovisual ‘Petiscos de Ciencia’ do Campus de Lugo

Yara Candia Cabana, Laura Guizán Sánchez e Ana Montenegro Teijido, do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, son as gañadoras do primeiro premio do certame audiovisual ‘Petiscos de Ciencia’ polo vÃdeo ‘Máquinas simples’. Esta iniciativa impulsada pola Comisión de Normalización LingüÃstica da Facultade de Ciencias da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, co apoio do Servizo de Normalización LingüÃstica, dirÃxese a estudantado de ESO, formación profesional e bacharelato dos institutos de Galicia e de áreas galegofalantes de fóra da Comunidade autónoma, individualmente ou en grupos de como máximo tres persoas, coordinados por persoal docente. Para participar cumprÃa presentar un vÃdeo en galego de entre 30 e 90 segundos, inédito e orixinal, que atendese cun enfoque divulgativo a calquera tema relacionado coa ciencia.
Premios
O segundo premio do certame recaeu en Aya Abattouy e Darlien Sosa Paulino, do IES Martaguisela de O Barco de Valdeorras, polo vÃdeo ‘O magosto e a lei de Gay-Lussac’; mentres que o terceiro foi para Liliang MartÃnez RodrÃguez do IES Laxeiro de LalÃn, polo vÃdeo ‘A fluorescencia’. En total, a través deste certame, repártense 500 euros en premios: agasallo por valor de 250 euros para o equipo que acadou o primeiro posto, por valor de 150 para o segundo, e de 100 para o terceiro. Os premios entregaranse no marco do acto que a Facultade de Ciencias do Campus de Lugo vai organizar para conmemorar o DÃa Internacional da Lingua Materna 2025.