O profesor da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Roberto Iglesias trata na EPS de EnxeñarÃa a relación entre robots e humanos nunha sesión divulgativa

O profesor da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial do Departamento de Electrónica e Computación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê no campus de Lugo Roberto Iglesias RodrÃguez abordará este luns 23 de setembro, a partir das 12.15 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de EnxeñarÃa, a relación entre robots e humanos, ao tempo que explicará algunhas das estratexias de aprendizaxe destes dispositivos tecnolóxicos, a través das que se adaptan e chegan a interaccionar coa súa contorna.
A charla divulgativa que impartirá o profesor Iglesias RodrÃguez leva por tÃtulo ‘Robots e humanos adaptándose mutuamente: unha simbiose perfecta? ou unha relación difÃcil?’ e servirá tamén para analizar as diversas reaccións positivas e negativas que espertan ou provocan os robots entre a poboación humana.
A sesión, de acceso libre e gratuÃto ata completar o aforo, está orientada especialmente ao alumnado do grao en Robótica que vén de implantarse este curso no centro universitario lugués, pero tamén aos demais estudantes da EPS de EnxeñarÃa, asà como a calquera público interesado na temática.