O profesor Rubén Nogueiras, premio ao mellor ‘Talento novo en investigación médica’ dos premios ‘Constantes y vitales’
O profesor do Departamento de FisioloxÃa da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Rubén Nogueiras acaba de ser recoñecido a nivel nacional como mellor ‘Talento Joven en ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô Biomédica’ na cuarta edición dos Premios ‘ Constantes y Vitales’. Lanzados pola cadea de televisión laSexta en colaboración coa Fundación AXA, os premios nacen para poñer en valor e fortalecer o labor investigador dos cientÃficos españois no ámbito da biomedicina. Adscrito tamén ao CIBER de Obesidade e Nutrición (CIBERobn), Rubén Nogueiras convértese asà no segundo investigador do CIBEROBN que recibe este recoñecemento, xa que en 2016 foille outorgado ao tamén profesor da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Miguel López, ambos os dous investigadores do Centro Singular de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê (CiMUS).
A concesión do premio, destinado a financiar con 100.000 euros as liñas de investigación do seu grupo, é un recoñecemento á traxectoria de Rubén Nogueiras polas súas contribucións no ámbito da bioloxÃa molecular da obesidade e a súa fisioloxÃa, en particular polos seus estudos sobre as vÃas polas que o hipotálamo regula o balance enerxético.
Rubén Nogueiras
Rubén Nogueiras (Vigo, 1977) é doutor en BioloxÃa pola ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, institución na que exerce como profesor titular dende 2014. Entre os seus logros cientÃficos merece especial atención o descubrimento das bases moleculares para un control directo do metabolismo lipÃdico a través do sistema nervioso autónomo. En 2009 puxo en marcha un grupo de investigación, adscrito tamén ao CIBERobn centrado no estudo do mecanismo molecular implicado na obesidade e hoxe continúa investigando as vÃas polas cales o hipotálamo regula o balance enerxético.
Este mesmo ano recibiu unha das 64 bolsas Leonardo que concede a Fundación BBVA para estudar o papel dun supresor tumoral moi coñecido, o xen p53, na sÃntese de glucosa e do que se empezan a coñecer novos aspectos en canto á súa función metabólica. O estudo deste mesmo xene xa lle valera en 2011 a concesión dunha axuda Starting Grant do ERC ao que suma dende fai unhas semanas unha axuda Synergy Grant, tamén do European Research Council.