ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê

Ir o contido principal
  • ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Vida
  • Artigo

Preto dun milleiro de estudantes participa nos Encontros na Zona ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê do Campus de Lugo

Os Encontros na Zona ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê volven ser punto de achegamento para estudantes de Ensino Medio de toda Galicia este mes de febreiro
Os Encontros na Zona ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê volven ser punto de achegamento para estudantes de Ensino Medio de toda Galicia este mes de febreiro
O estudantado preuniversitario escolle entre sete itinerarios diferentes nos que poderá coñecer de primeira man a oferta docente e de servizos da Universidade de Santiago de Compostela na sede universitaria luguesa
Lugo

Un total de 16 centros de Ensino Medio participan esta semana nos Encontros na Zona ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê que se desenvolven no Campus de Lugo. Preto dun milleiro de estudantes percorren este martes 25 e o mércores 26 a sede universitaria luguesa a través de sete itinerarios diferentes de acordo coas preferencias de cada estudante e que permiten que a mocidade preuniversitaria coñeza de primeira man a oferta docente e de servizos do Campus de Lugo. 

Deste xeito, os Encontros na Zona ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê volven ser punto de achegamento para estudantes de Ensino Medio de toda Galicia este mes de febreiro. Estas xuntanzas aproximan o estudantado preuniversitario ás facultades, escolas e servizos da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, alén de ofrecerlle a oportunidade de recibir información sobre a oferta de estudos de grao. Cada estudante elixe un percorrido en función das súas preferencias iniciais. Así, poden visitar aulas, laboratorios e outros espazos dos centros nos que se imparten os graos da súa preferencia.

Os Encontros nacen no marco do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê que leva en funcionamento dunha forma estruturada desde o curso 2003-04 e, ademais de dar a coñecer os estudos de grao, achega información sobre o contexto investigador, social, cultural e espacial da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2025.