Presentación do libro Obras para piano de compositores galegos
O grupo de investigación Organistrum da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, dirixido polos profesores Carlos Villanueva e Javier Garbayo e con auspicio do Ministerio de EconomÃa, presentará o vindeiro mércores 3 de xullo o libro Obras para piano de compositores galegos, que recolle parte dos resultados de investigación obtidos por este equipo. A presentación do volume celebrarase nun acto no Paraninfo da Universidade a partir das 20.00 horas.
Trátase dun caderno de partituras editado coa finalidade de que os pianistas, tanto profesionais como estudantes de conservatorio, poidan contar cun corpus de obras realizadas por compositores galegos. PublÃcanse nel doce obras para piano de dez músicos galegos que foron compostas ao longo dun século, desde mediados do XIX ata a metade do XX, e que forman parte do repertorio que habitualmente se coñece como música de salón. A variedade de autores, xéneros e procedencia xeográfica (de diferentes cidades tanto da Galicia interior como exterior ou emigrada) permiten apreciar a variedade e calidade da literatura pianÃstica da época.
O acto será presentado por Francisco Durán, decano da Facultade de XeografÃa e Historia; e contará ademais coa participación do director do Departamento de Historia da Arte, Juan Monterroso; da coordinadora do libro Montserrat Capelán; e de Laura Touriñán e Joám Trillo, quen fixo parte das transcricións presentes no libro. A presentación terminará cun pequeno concerto en que os pianistas e musicólogos Nelly Iglesias e Afasto Amoedo interpretarán algunhas das pezas incluÃdas na publicación, na que eles tamén participaron como editores. O repertorio que se escoitará será o Preludio en re menor de Eduardo RodrÃguez-Losa e Un recordo e Romance de José Baldomir.