Óptica e OptometrÃa súmase á conmemoración do DÃa Mundial da Visión

A Facultade de Óptica e OptometrÃa conmemorou este xoves o DÃa Mundial da Visión para recalcar a importancia da saúde visual na poboación e o papel imprescindible dos profesionais desta especialidade na atención primaria. Neste ano, a efeméride céntrase no coidado da vista dos máis pequenos e o centro quixo chamar a atención sobre a responsabilidade do centro na formación de profesionais da óptica e a optometrÃa e de persoal sanitario de atención visual primaria.
Dende a Facultade lembran os esforzo que se está a realizar para achegar a unha xeración de rapazada e as súas familias toda a información necesaria para coidar a súa visión: dende reducir o tempo fronte á pantallas, ata darlle maior importancia a desenvolver actividades ao aire libre, pasando pola busca de axuda en profesionais da visión ante calquera problema ou molestia visual. Neste senso, profesionais da Óptica e a OptometrÃa sinalan que a intervención temperá e o coidado regular da vista son fundamentais para potenciar as capacidades educativas e sociais.