A NerdNite de novembro pon o foco nos aceleradores de partÃculas

A sesión das NerdNites correspondente ao mes de novembro terá lugar este mércores 13, na Nave de Vidán, a partir das 21.00 horas. Nesta ocasión, todas as charlas cientÃficas xirarán en torno aos aceleradores de partÃculas e enmárcanse dentro da II Semana da Ciencia que impulsa o Instituto galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (IGFAE).
A profesora de FÃsica Teórica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e investigadora do IGFAE, Elena González Ferreiro, pronunciará o relatorio ‘A fÃsica de partÃculas: por que é mellor construÃr un acelerador que un portavións?’. ‘Fast and furious... Ciclotróns, sincrotróns, colisores... Todos queren ser os meus amores’ será o tÃtulo da intervención de Cibrán Santamarina, profesor de FÃsica Atómica, Molecular e Nuclear da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e investigador no experimento LHCb no IGFAE.
‘Os detectores de fÃsica de partÃculas ou como construÃmos cámaras de fotos ultra avanzadas’ é o tÃtulo do relatorio do tamén profesor de FÃsica Atómica, Molecular e Nuclear da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e coordinador da participación do IGFAE no experimento LHCb, Abraham Gallas Torreira. Finalmente, a tamén investigadora do IGFAE, Alessandra Gioventù, intervirá neste monográfico dedicado aos aceleradores de partÃculas co relatorio ‘De como convertemos unha morea de datos en descubrimentos revolucionarios’.
As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Esta iniciativa artéllase en base a pequenas charlas cientÃficas onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.