MarÃa José Ginzo, recoñecida co premio á mellor tese en humanidades dixitais por un traballo sobre técnicas estatÃsticas en xeolingüÃstica

O traballo ‘Técnicas estatÃsticas en xeolingüÃstica. Modelización onomástica’, da profesora axudante doutora do Departamento de EstatÃstica, Análise Matemática e Optimización da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, MarÃa José Ginzo Villamayor, vén de gañar o III Premio Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas-Fundación BBVA á Mellor Tese Doutoral 2023.
Os apelidos poden utilizarse como fonte de información para caracterizar a poboación dunha rexión, dado que a análise dos patróns que se observan na súa distribución proporciona información sobre movementos e caracterÃsticas das poboacións. A identificación destes patróns a través de medidas de isonimia é un problema que ten sido abordado por diferentes autores.
Para a concesión do premio, o xurado valorou nesta tese “a exploración de novos métodos estatÃsticos para o estudo da onomástica, a partir da análise das relacións entre a estrutura demográfica e social das poboacións e a organización espacial e histórica da diversidade lingüÃstica. O traballo parte dunha problemática de onomástica concreta, como é a construción de rexións de apelidos en Galicia, e aplica modelos de patróns espazo temporais extrapolables a outras rexións.
Valorouse á súa vez que a tese combina o manexo dun gran volume de datos de diversos territorios de España cola visualización cartográfica. Asà mesmo, ofrece unha biblioteca en código aberto das técnicas aplicadas na súa investigación, permitindo a replicabilidade do estudio e a reutilización da ferramenta por parte da comunidade cientÃfica.
O xurado
O xurado estivo presidido pola catedrática de Literatura Española da Universitat de València, Teresa Ferrer, e contou como vogais coa profesora do Departamento de FiloloxÃas Estranxeiras e as súas LingüÃsticas da UNED, Iria da Cunha; a coordinadora do Grao en EnxeñarÃa en °¿°ù²µ²¹²Ô¾±³ú²¹³¦¾±Ã³²Ô Industrial da Universidade Internacional de La Rioja, MarÃa Luisa DÃez Platas; o catedrático de Historia Contemporánea da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, Lourenzo Fernández; a profesora de XeografÃa Humana da Universidade de Estremadura, Ana Nieto; a profesora dos Estudos de Artes e Humanidades da Universitat Oberta de Catalunya, Joana MarÃa Pujadas; e o director do Museo de Belas Artes de Bilbao, Miguel Zugaza.
