Investigadores da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e a spin off 3edata desenvolverán un sistema de xestión e control forestal a partir de datos captados por drones

O consorcio liderado pola spin off do campus de Lugo Solucións de EnxeñarÃa Ambiental e integrado por investigadores dos grupos Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS), da Escola Politécnica Superior de EnxeñarÃa, e Biodiversidade e Botánica Aplicada (Bioaplic), con presenza nos campus de Lugo e Compostela, a Fundación Centro Tecnolóxico e Forestal da Madeira (Cetemas), o Centro de Observación e Teledetección (Cotesa), resultou adxudicatario do proceso de compra pública de tecnoloxÃa innovadora para o deseño, desenvolvemento e a posta en marcha dunha solución para a xestión e control forestal a partir de datos capturados por sensores aerotransportados en UAVs (popularmente coñecidos por drones) e noutros vehÃculos aéreos e terrestres.
O obxectivo deste proxecto, que conta cun financiamento de 900.000 euros e no que tamén colaboran o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (Inta), Galca Forestal e Phoenix LIDAR Systems, é o desenvolvemento de xestión e control forestal que incluirá tres módulos especÃficos, tal e como o son un inventario forestal de masas arboradas, a prevención de incendios forestais mediante a detección de parcelas abandonadas e a avaliación de franxas de seguridade, ademais da monitorización e tratamento de pragas forestais.
A proposta presentada polo consorcio de entidades que lidera 3edata impúxose a outras cinco candidaturas na fase final de compra pública, un proceso enmarcado na Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia. Este programa está orientado ao desenvolvemento dun centro aeronáutico de referencia europea en Galicia, ao fomento do emprego de sistemas aéreos non tripulados no ámbito civil e á mellora da prestación de servizos públicos.
Esta actuación, cuxo prazo de execución abrangue os exercicios 2019 e 2020, recibe o 80% do seu financiamento dos fondos Feder, a través do Programa Operativo Plurirrexional Feder Pocint e cun convenio de colaboración co Ministerio de EconomÃa, Industria e Competitividade (Mineco).