ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê

Ir o contido principal
  • ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Vida
  • Artigo

As historias e mitos da Facultade de Dereito, obxecto de análise da vindeira Nerd Nite

Imaxe de arquivo da Facultade de Dereito da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo da Facultade de Dereito da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. FOTO: Santi Alvite
A sesión desenvolverase o día 29 de abril, ás 20.00 horas, na Nave de Vidán

A Nerd Nite do mes de abril porá o foco na Facultade de Dereito e nas historias e mitos que alberga este centro da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. A sesión terá lugar o martes 29 de abril na Nave de Vidán e botará a andar ás 20.00 horas. José María Miranda Boto, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê; Belén Trigo García, profesora de Dereito Civil da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê; e Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil e discípulo de Carlos Fernández-Nóvoa, en cuxa figura profundará, serán as persoas relatoras.

O profesor Miranda Boto percorrerá, na súa intervención, as celebridades que pasaron pola Facultade de Dereito. A seguir, Belén Trigo García pronuncirá o relatorio titulado 'Do batallón universitario e a Casa da Troia ás carpas douradas e a IA: outra historia de Dereito'. Finalmente, Carlos Lema Devesa deterase no legado de Carlos Fernández-Nóvoa Rodríguez e lanzará a pregunta 'Por que hai tantos cracks en mercantil da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê?'

Nerd Nites

As Nerd Nites, organizadas polo catedrático da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Jorge Mira ±Êérez, son conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno. As Nerd Nites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo.

Cartel da Nerd Nite de abril
Cartel da Nerd Nite de abril
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.04.2025.