O Grupo de Gramática do Español traza na súa última obra un panorama da sintaxe neste idioma

Guillermo Rojo, Belén López Meirama MarÃa José RodrÃguez Espiñeira e Victoria Vázquez Rozas acaban de publicar o libro , no seo da da colección Routledge Introductions to Spanish Language and Linguistics. O libro ofrece un panorama da sintaxe do español, analiza o uso e a variación interna e presenta as estruturas sintácticas no marco dunha concepción funcionalista da lingua como un sistema dinámico.
A obra aborda conceptos xerais de sintaxe e céntrase na estrutura da cláusula (ou oración) e nos fenómenos clausais de maior relevancia: valencia léxica, (in)transitividade, predicativos, alternancias de esquemas sintácticos, pasividade, impersonalidade, orde de constituÃntes e estrutura informativa, temporalidade e modalidade. Examina tamén a combinación de cláusulas e as caracterÃsticas básicas das frases (ou sintagmas).
O libro inclúe abundantes exemplos, procedentes de diferentes variedades do español contemporáneo extraÃdos de corpus escritos e orais, e remata con suxestións de lecturas para profundar nas cuestión tratadas. Os exercicios inclúen as respostas en liña na páxina web da editorial. O libro combina a visión xeral dunha aproximación funcionalista á sintaxe coa análise dos aspectos máis relevantes e de maior utilidade didáctica nos niveis iniciais dos cursos universitarios.
Dirixida a estudantes de lingua española e lingüÃstica, a constitúe unha obra innovadora e accesible sobre sintaxe española para falantes nativos e para estudantes de español cun nivel B2 ou superior de competencia lingüÃstica. A autorÃa corre a cargo de integrantes do Grupo de investigación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê , responsable da confección de varios recursos para o estudo do español, entre os que destacan no ámbito sintáctico a da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e o corpus de español oral de Galicia.
