Frank Wilczek, Premio Nobel de FÃsica 2004, por primeira vez en Compostela
O cientÃfico Frank Wilczek (Long Island, EE.UU., 1951), Premio Nobel de FÃsica 2004, visitará por primeira vez Santiago de Compostela esta semana, entre o 17 e o 21 de outubro, dentro do programa de divulgación cientÃfica ‘ConCiencia’ que organiza conxuntamente a Universidade de Santiago e o Consorcio de Compostela.
A axenda de Frank Wilczek comezará o xoves, dÃa 18, cunha xuntanza con investigadores e alumnos da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê na que debaterán sobre os constituÃntes fundamentais da materia. A reunión terá lugar ás 12:30 horas na Aula Magna da Facultade de FÃsica.
Ese mesmo dÃa, ás 20:00 horas no Comedor Real do Hostal dos Reis Católicos, pronunciará a conferencia ‘O universo é un lugar estraño’ nunha sesión aberta a toda persoa interesada.
Xa o venres 19 ditará un seminario no Departamento de FÃsica de PartÃculas, no que exporá as expectativas teóricas que esperta o Large Hadron Collider, experimento que comezará a funcionar o ano que vén no CERN (Xenebra) e no que participan grupos de investigación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.
Frank WilczekAos 21 anos Wilczek enviou, en colaboración co seu director de tese David Gross, o seu primeiro artigo cientÃfico á revista Physical Review Letters no que se resolvÃa un aparente paradoxo do mundo subatómico. Os experimentos indicaban que os quarks, partÃculas subatómicas que xunto aos electróns compoñen toda a materia coñecida, se movÃan libremente no interior dos protóns e neutróns ao ser impactados por partÃculas moi enerxéticas. Ao mesmo tempo, para dar cohesión aos mesmos e, en última instancia, ao núcleo atómico, os quarks debÃan interactuar moi fortemente entre si.
Gross e Wilczek explicaron como podÃan reconciliarse comportamentos tan disÃmiles ao demostrar unha sorprendente propiedade dos quarks á que denominaron libertade asintótica. Foi precisamente o contido deste traballo o que levou á Academia Sueca a outorgarlles o Premio Nobel de FÃsica en 2004 xunto a David Politzer, quen chegara a similares conclusións de forma independente.
Frank Wilczek, actualmente profesor no Massachusetts Institute of Technology, é un fÃsico teórico de extraordinaria versatilidade, pois ademais de ser un dos máximos especialistas nunha teorÃa tan complexa como a cromodinámica cuántica realizou contribucións de substancial relevancia en cosmoloxÃa, buratos negros, fÃsica da materia condensada e un longo etcétera.
O cientÃfico que esta semana visita a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê foi profesor no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton, lugar no que destacaron figuras como Albert Einstein, Kurt Gödel e Robert Oppenheimer. Durante a súa estadÃa nese centro, Wilczek habitou a casa na que viviu Einstein ata a súa morte.