Un foro aborda as mulleres na historia dende novas perspectivas

A Facultade de XeografÃa e Historia da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê celebra este venres 18, dende as 9.00 horas, o seminario ‘Mulleres na Historia: novas perspectivas’, baixo a coordinación das profesoras Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia.
Investigadoras das universidades de Valencia, Barcelona, Granada, Valladolid, asà como da universidade portuguesa do Minho, daranse cita nun foro estruturado en dúas sesións. Na primeira delas, en quenda de mañá, as relatoras abordarán cuestións como as diferentes formas de pensar e amar, delinquir ler, ou as formas de comportamento e asistencia.
Xa en quenda de tarde, nunha sesión composta integramente por mulleres investigadoras da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, porase o foco nas formas de resistir, asà como nas formas de santidade, familiares, e de protesta. Logo de cada sesión, celebrarase un debate entre relatoras e asistentes para fomentar o intercambio de puntos de vista.
Para formalizar a inscrición, debe mandarse un correo electrónico co nome completo, DNI e programa de doutoramento ou máster ao que se pertenza, se procede, ao enderezo anam.sixto [at] usc.es (anam[dot]sixto[at]usc[dot]es) Esta actividade está especialmente dirixida ao alumnado do programa de doutoramento ‘Historia, XeografÃa e Historia da Arte’, asà como do mestrado ‘Historia Moderna: MonarquÃa de España. Séculos XVI-XVIII’ da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.