Expertos de Google e Atos falarán na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê sobre a colaboración tecnolóxica e investigadora entre empresas e universidade

A ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê organiza a xornada coloquio 'Transferencia de tecnoloxÃa e mellora das redes de cooperación' na que participarán representantes de Google e Atos que explicarán as vÃas de colaboración tecnolóxica entre as súas empresas e centros de investigación e universidades, asà como as áreas de interese en materia de I+D para as súas compañÃas.
O Salón de Graos da Facultade de Matemáticas acollerá a cita que se desenvolverá durante todo o dÃa 23 e que está dirixida especificamente para investigadores universitarios. Para participar é preciso inscribirse no correo josemanuel.rebolo [at] usc.es (josemanuel[dot]rebolo[at]usc[dot]es) e o prazo remata o 22 de abril. Pola mañá terán lugar as charlas do coordinador de proxectos de Google para Europa, Pablo Campos, e da consultora de I+D de Atos Internacional, Paz Gómez, asà como a presentación dos resultados de investigación do Proxecto POTEP VT sobre vehÃculos de transferencia tecnolóxica e un coloquio sobre colaboración entre empresas e centros de investigación. Pola tarde, os representantes de Google e Atos reuniranse cos grupos de investigación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê que o soliciten, para establecer posibles vÃas de colaboración. Os interesados en participar nesta xuntanza de traballo deben solicitalo especificamente no correo de inscrición.