Un equipo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê deseñou unha trintena de accións para mellorar as capacidades xerenciais e pegagóxicas do profesorado en universidades asiáticas

Investigadores da Facultade de Ciencias PolÃticas e Sociais participaron estes dÃas na conferencia final do proxecto DeSST (Development of Skills and Teachers Training for Leadership), desenvolvido no marco do programa Erasmus KA2, celebrada na Manash Kozybayev North Kazakhstan State University de Casaquistán. O equipo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê integrábano Lorena Añón Loureiro, Ramón Bouzas Lorenzo, Francisco Haz Gómez e Mario Lado Campelo que participaron nunha xuntanza na que tamén tomaron parte medio cento de especialistas doutras sete universidades de Casaquistán, Italia, Mongolia e Polonia.
Durante esta reunión avaliáronse as iniciativas que o consorcio de universidades participantes levou á práctica dende 2020 coa finalidade de potenciar a formación do profesorado universitario destinada a desenvolver perfÃs de liderado no ámbito da educación superior a través de programas de construción de interacción lÃder-persoal colaborador, desenvolvemento de capacidades individuais e perfeccionamento de competencias de xestión. O proxecto que agora remata concrétase en máis de trinta accións desenvolvidas dende a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê para mellorar as capacidades xerenciais, sociais e pedagóxicas do profesorado, a asistencia no deseño e implementación de currÃculos formativos regrados nas universidades colaboradoras de Asia central e a creación nesas mesmas universidades de infraestruturas de apoio tecnolóxico ao perfeccionamento das capacidades de liderado de docentes.
O profesor Ramón Bouzas, coordinador do proxecto na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, valorou moi satisfactoriamente o rendemento e integración do equipo de catorce profesores, vinculados a un total de seis grupos de investigación, que dende a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê contribuÃu a conseguir os obxectivos do proxecto. Igualmente, Bouzas puxo énfase no impacto positivo do labor desenvolvido nas universidades destinatarias e subliñou o interesante potencial que pode ter para a comunidade académica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê a apertura de novas liñas de cooperación coas universidades de Asia central. Ademais, tamén lembrou o éxito que supuxo manter as mobilidades do persoal participante no proxecto a pesar das restricións xurdidas durante a pandemia,. Nese sentido agradeceu a colaboración do persoal da Embaixada de España en Casaquistán, cuxas xestións cualificou de determinantes para manter o plan de traballo deseñado.
Antes de finalizar a estadÃa, o Embaixador de España en Casaquistán, Jorge Urbiola López de Montenegro, recibiu en Astaná á delegación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e transmitiulle os parabéns por contribuÃr a potenciar as relacións coas institucións educativas do paÃs asiático, animando a afondar unha cooperación que as autoridades diplomáticas se comprometen a apoiar.
