ȤѶֲַ

Ir o contido principal

Directivos de Johnson & Johnson e Promega manterán un encontro con investigadores da ȤѶֲַ na procura de proxectos colaboración

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da ȤѶֲַ (AVTE) organiza a vindeira semana unha xornada-coloquio con directivos de Johnson & Johnson () e Promega Ibérica (). Concretamente, participarán Johan Verbeeck, senior director-partnership management de Johnson&Johnson Innovation Center; e de Promega, o doutor Gijs J. Jochems, director xeral de Promega Ibérica e Javier Álvarez, responsable de mercadotecnia dixital e comunicación,. Os relatores explicarán as diversas áreas de interese en materia de I+D así como as diversas vías que posúen as dúas compañías para colaborar cos centros de investigación e as universidades. As xornada celebraranse no Salón de Actos do Ciqus a partir das 10.00 horas do próximo 25 de xuño. Esta é unha iniciativa enmarcada dentro dun programa de xornadas sectoriais que se celebrarán entre xuño e xullo e nas que se presentarán os resultados acadados en diversos proxectos apoiados e financiados dende o Proxecto Transfronteirizo Vehículos de Transferencia Tecnolóxica (VT). O J&J Innovation Center ten como obxectivo a integración coas comunidades científicas especializadas en ciencias da vida de todo o mundo,o que lles permite captar as ideas máis innovadoras para adaptalas ás súas prioridades de negocio. Pola súa banda, Promega desenvolve a súa actividade no eido da xenómica, análise e expresión de proteínas, análise celular e descubrimento de fármacos. Todas as persoas interesadas en asistir poden enviar un correo electrónico a josemanuel.rebolo [at] usc.es (josemanuel[dot]rebolo[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2013.