O Coro Universitario selecciona voces para o curso 2023/2024

O Coro da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê realizará o vindeiro martes 26 de setembro, ás 19.30 horas, unha audición destinada a seleccionar a persoas que teñan interese en formarse no eido do canto coral para que participen no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos do curso 2023-24 (agás nos perÃodos de exames) de 19.30 a 21.00 horas, ademais dos ensaios extraordinarios que poidan programarse. As persoas interesadas deben completar un en liña ata o 22 de setembro. A través desta convocatoria seleccionaranse as persoas activas e as reservas coas que se conformará unha listaxe para cubrir posibles e futuras baixas dentro do Coro ata xuño de 2024.
A convocatoria dirÃxese á comunidade universitaria da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, integrantes doutros coros e agrupacións vocais, estudantes de conservatorios e instrumentistas de todo tipo e estilo, cantantes de calquera estilo musical, actores, docentes e profesionais da voz, cantantes de formación lÃrica e afeccionados á música ou amantes do canto en xeral. A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para tal efecto, tendo preferencia as persoas da comunidade universitaria da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. Na proba deberase interpretar una peza musical suxerida polo propio aspirante en calquera estilo ou versión que estime. Ademais, proporáselle un pequeno exercicio vocal que non precisa de preparación previa. O lugar da audición será enviado por correo electrónico ás persoas aspirantes.
Poderase participar no Coro Universitario un máximo de dous cursos. Para o estudantado de grao da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, os créditos ECTS que se retribúen pola participación repartiranse do seguinte xeito: polo primeiro curso completado recibirán catro créditos e polo segundo recibirán dous. Poderase prorrogar a pertenza ao proxecto en seguintes convocatorias, a criterio da organización do Coro da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê pero sen retribución de créditos.
A comisión seleccionadora contará coa participación do director da orquestra da universidade e de outros membros da organización asà como posibles profesionais convidados para a ocasión. Os ensaios darán comezo a partir de outubro de 2023.