A Conferencia Electrónica de QuÃmica de SÃntese Orgánica recibe 115 comunicacións cientÃficas na súa vixésima segunda edición

A vixésima segunda edición da Conferencia Electrónica de QuÃmica de SÃntese Orgánica (), un congreso virtual promovido polo grupo de investigación Novas MetodoloxÃas Sintéticas (SWT) do Campus Terra da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, integrado polos profesores do Departamento de QuÃmica Orgánica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê na Facultade de Ciencias Julio A. Seijas Vázquez e Pilar Vázquez Tato, recibiu xa os resumos de 115 comunicacións cientÃficas de investigadores procedentes de 20 paÃses, uns estudos que serán obxecto de debate e análise nos distintos foros virtuais que se desenvolverán durante o mes de novembro.
O catedrático do Departamento de QuÃmica Orgánica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e principal impulsor desta conferencia electrónica, pioneira entre as do seu xénero, ademais de presidente do comité cientÃfico do mesmo, Julio A. Seijas, subliñou a calidade das comunicacións que ano tras ano se presentan a debate e que logo permanecen accesibles en repositorios de referencia internacional. Asemade, logo de remarcar que a valÃa das achegas cientÃficas tamén está acreditada polo labor que desenvolven os membros do comité cientÃfico internacional, formado por expertos de 21 paÃses, Seijas fixo fincapé en que o esquema de desenvolvemento da ECSOC, o congreso virtual que conta cunha traxectoria temporal máis ampla, representa a arquitectura formal do que deberÃan ser os congresos cientÃficos do século XXI.
Do mesmo xeito que nos últimos tres lustros, desde a sexta edición celebrada en 2002, a ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê participa na organización da Conferencia Electrónica de QuÃmica de SÃntese Orgánica con MDPI (Basel, Suiza). Nesta ocasión, os promotores da ECSOC-21 contan, entre outros, co respaldo da VicerreitorÃa de Coordinación do campus de Lugo, AMSLab, Mnova. A dispoñibilidade destes patrocinadores posibilitan que a inscrición e participación neste congreso en liña sexan gratuÃtas para os investigadores, subliña Seijas.
As distintas sesións de debate e análise programados no marco desta conferencia internacional desenvolveranse de xeito virtual a través do espazo web do congreso desde o 15 de novembro ata o 15 de decembro. Durante estes 30 dÃas, os quÃmicos e investigadores de paÃses de todo o mundo interesados na temática que aborda a ECSOC 22, teñen unha boa oportunidade para intercambiar e compartir traballos sobre macromoléculas, polÃmeros, lÃquidos iónicos, quÃmica computacional, sÃntese iónica por microondas...