ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê

Ir o contido principal

Comeza este martes en Santiago un curso de verán sobre novas contribucións en materia de avellentamento

O curso de verán da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê reúne esta semana os principais expertos e expertas neste ámbito. O encontro terá lugar no Centro de Estudos Avanzados (CEA) dirixido pola catedrática de Historia e Institucións Económicas da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e directora do propio CEA, María Xosé Rodríguez Galdo. Este martes 4 a actividade, que se inaugura ás 10.00 horas, comeza cunha conferencia de María Xosé Rodríguez Galdo sobre avellentamento, cambio demográfico e proceso de modernización socioeconómica, á que seguirá outro relatorio centrado na relación entre estatística e curso vital, neste caso a cargo do profesor do Departamento de Economía Aplicada da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Eduardo Pis Sánchez. A demografía galega en perspectiva biomédica será o tema da intervención de Luciano Vidán, xefe do Servizo de Hospitalización a Domicilio do CHUAC e presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña. A xornada remata cunha charla sobre proxeccións de poboación e contorno socioeconómico do profesor do Departamento de Economía Aplicada da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê José María Rioboo. O mércores 5 a xornada ábrese coa conferencia 'A eficiencia do modelo demográfico galego' de Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, profesor do Departamento de Historia e Institucións Económicas da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. A continuación Mª Pilar Freire, profesora deste mesmo departamento, disertará sobre a relación entre familia, avellentamento e curso vital. A sesión de mañá complétase cun relatorio sobre a dialéctica entre a prolongación da esperanza de vida e os custos financeiros, a cargo de Abel Losada, tamén do Departamento de Historia e Institucións Económicas. Universidade de Vigo. A tarde resérvase para o desenvolvemento dunha mesa redonda sobre vellez e arte na que tomarán parte Rosa María Regueiro Ferreira, da Universidade da Coruña (como moderadora), Diego Diz (licenciado en Historia da Arte), Montserrat Pis (guía do museo Reina Sofía) e Ramón Baltar (profesor do Departamento de Latín e Grego da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê). A xornada do 6 de setembro comeza coa conferencia 'Aspectos neurolóxicos do avellentamento', a cargo de Carlos Acuña Castroviejo, profesor do Departamento de Fisioloxía da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, á que seguirá outra sobre os aspectos biolóxicos do avellentamento, impartida por Mª Carmen Segura, profesora do Departamento de Ciencias Morfolóxicas da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.A programación desta penúltima continúa co relatorio 'Aspectos psicolóxicos do avellentamento', de Marta Ramos Goicoa, profesora do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. Dous relatorios máis completan a actividade do día 6: 'Políticas públicas e avellentamento: a singularidade de Costa Rica', da investigadora en formación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Lilliam Chinchilla Gamboa, e 'Avellentamento activo e novas tecnoloxías', de Luis Gago González, profesor do Departamento de Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. A última xornada do curso, o día 7 de setembro, está reservada para a presentación dos resultados do proxecto 'Doadores de tempo. Unha valoración en perspectiva de xénero do traballo de coidados e da achega ao benestar por parte das persoas lonxevas', de Xosé Cordero Torrón, profesor do Departamento de Historia e Institucións Económicas da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.09.2012.