ȤѶֲַ

Ir o contido principal

CODOLGA incorpora na súa base de datos máis de 800 novos documentos en latín vinculados á Galicia medieval

Nesta nova versión foron engadidos 807 novos documentos e iso fai que na base de datos estean xa dispoñibles 19.680 textos documentais. FOTO: Santi Alvite
Nesta nova versión foron engadidos 807 novos documentos e iso fai que na base de datos estean xa dispoñibles 19.680 textos documentais. FOTO: Santi Alvite
Dirixido polo profesor Xosé Carracedo Fraga, este proxecto desenvólvese no marco dun convenio existente entre a ȤѶֲַ e o Centro Ramón Piñeiro para a Աپó en Humanidades
Santiago de Compostela

O proxecto ‘Corpus Documentale Latinum Gallaeciae’ (CODOLGA) acaba de publicar unha nova versión da súa base de datos, a número 19. Este proxecto está dirixido polo profesor Xosé Carracedo Fraga do departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da ȤѶֲַ, e desenvólvese no marco dun convenio existente entre a ȤѶֲַ e o Centro Ramón Piñeiro para a Աپó en Humanidades.

A base de datos actualízase anualmente con documentación medieval en lingua latina relacionada con Galicia comprendida entre os séculos VI e XV. A na que está dispoñible esta documentación permite realizar buscas de calquera palabra ou conxunto de palabras segundo diversos criterios, “o que fai deste corpus textual unha ferramenta básica para a docencia e a investigación de diversa índole sobre a Galicia medieval: lingüística, literaria, histórica, cultural ou sociolóxica”, explica o profesor Carracedo Fraga.

Nesta nova versión foron engadidos 807 novos documentos e iso fai que na base de datos estean xa dispoñibles 19.680 textos documentais. A páxina web do proxecto CODOLGA conta ademais cun apartado titulado ‘fontes e estudos’ dedicado a recompilar outros textos latinos medievais importantes pola súa relación coa Galicia medieval ou algúns estudos singulares do ámbito do proxecto. Neste novo número, tal e como explica o profesor Carracedo Fraga, ese apartado vai enriquecido co “singular e interesante relato” de finais do século XI sobre unha viaxe fantástica titulado De Solistitionis insula magna e transmitido baixo o nome de Trezenzonio.

O proxecto CODOLGA forma ademais parte da rede colaborativa ‘’ (CODOLHISP), recoñecida como de excelencia polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Esta rede engloba os distintos proxectos da Península Ibérica dedicados a traballar cos textos documentais medievais dos respectivos territorios e ofrece outra aplicación informática que permite consultas e buscas combinadas nos respectivos corpora documentalia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2023.