Centos de estudantes de secundaria coñecen na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê as células nai

A Facultade de Medicina acolleu este venres un novo UniStem Day 2016 no que máis de 250 estudantes dos centros RosalÃa de Castro, Antón Fraguas, Peleteiro e CompañÃa de MarÃa participaron, simultaneamente con 73 universidades e centros de investigación de oito paÃses europeos, coñeceron a investigación con células nai.
Foron en total máis de 27.000 estudantes de España, Reino Unido, Alemaña, Dinamarca, Polonia, Serbia, Suecia e Italia os que interviñeron á vez nunha xornada na que, ademais da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, participaron outras nove universidades españolas. O encontro na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê estivo coordinado por cuarto ano consecutivo polo Grupo de NeurobioloxÃa Celular e Molecular da Enfermidade de Párkinson.
UniStem Day 2016 inaugurouse nun acto no que participaron a vicerreitora de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô e Innovación da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, Isabel RodrÃguez-Moldes; o decano de Medicina e OdontoloxÃa, Jesús Gestal Otero; e o director do Departamento de Ciencias Morfolóxicas e do Grupo de NeurobioloxÃa da Enfermidade de Párkinson da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, nodo da Rede de Terapia Celular de Galicia, José Luis Labandeira GarcÃa.
A continuación, e logo de saudar ás distintas delegacións universitarias de España, desenvolvéronse catro sesións impartidas por docentes e investigadores da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê. Sobre o ‘abc’ das células nai falaron Ana Isabel RodrÃguez e Carmen DÃaz, mentres que Rita Valenzuela, Pablo Garrido e Begoña Villar explicaron cómo experimentar con elas. ‘Tres, dous, un... ¡Acción! Células nai en marcha’ foi o tÃtulo da charla de Ana Muñoz, Jannette RodrÃguez e Juan Parga e, por último, MarÃa GarcÃa, Alicia Costa e Antonio DomÃnguez contaron verdades e mentiras sobre elas.
A xornada rematou cun xogo de reconstrución dun órgano con células nai e a proxección do documental ‘Terapia celular: a medicina do futuro’. Preténdese deste xeito que a través de conferencias, debates, pelÃculas e eventos recreativos a xuventude descubra a investigación tendo en conta non só o contido e métodos cientÃficos senón tamén as posibilidades creativas e divertidas que ofrece.
Na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê o UniStem contou co patrocinio de Galmedic Material, Glass Chemicals, Celta Ingenieros, Merck-Millipore, Fisher Scientific, Grupo 3, Editorial Elsevier, Red Bull e Gadis.