A Aula Hospitalaria do CHUS gaña o concurso PIMAga de divulgación matemática

Coa actividade Papiroflexia Matemática: dobrando formas, construÃndo coñecemento, a Aula Hospitalaria do CHUS fÃxose co primeiro premio do II Concurso PIMAga, unha iniciativa impulsada pola Comisión de Divulgación do Centro de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô e TecnoloxÃa Matemática de Galicia (CITMAga) coa fin de visibilizar e difundir as actividades que os centros escolares galegos desenvolven con motivo do DÃa Internacional das Matemáticas (‘DÃa Pi’, 14 de marzo).
O segundo premio recaeu na actividade de 5º de Primaria do CEIP Pintor Antonio Fernández (Goián – Tomiño) pola proposta Números Verdes, e o terceiro premio foi para a achega de 1º de Primaria do CEIP Eduardo Pondal (Vigo) coa actividade Conta comigo – Scape room.
Nesta segunda edición, a participación superou con creces a da convocatoria anterior, triplicando o número de propostas recibidas. Un éxito que para o CITMAga reflicte o crecemento do interese por promover unha educación matemática de calidade e próxima, conectada coa realidade do alumnado e cunha forte compoñente creativa e divulgadora.
O xurado estivo formado polos cinco integrantes da Comisión de Divulgación do CITMAga: Miguel Brozos Vázquez, MarÃa Isabel Borrajo GarcÃa, Laura López Paz, Marta ±Êérez RodrÃguez e Miguel Picos Maiztegui.
O CITMAga celebra o éxito desta edición e reafirma o seu compromiso coa divulgación matemática para contribuÃr a fomentar vocacións cientÃficas dende idades temperás, reforzar o pensamento crÃtico e espertar novas conciencias matemáticas entre a mocidade.