O Arquivo Histórico Universitario celebra este venres o DÃa Internacional dos Arquivos cunha visita guiada

Con motivo da celebración o 9 de xuño do DÃa Internacional dos Arquivos, o Arquivo Histórico Universitario organiza este venres 7 unha xornada dirixida a dar a coñecer e a poñer en valor a riqueza dos fondos documentais que custodia, asà como a difundir entre a comunidade universitaria e o resto da cidadanÃa o traballo que se desenvolve nel.
A iniciativa concrétase, en primeiro lugar, na realización dunha charla informativa e nunha visita guiada ás instalacións do Arquivo, algunhas delas vedadas ao público como o depósito de documentos e o taller de restauración. Esta visita realizarase o dÃa 7 de xuño ás 11.00 horas na sala de conferencias do AHUS. Ten unha duración aproximada de 90 minutos e para poder asistir requÃrese a reserva de praza ben a través do correo electrónico arquivo.historico [at] usc.es (arquivo[dot]historico[at]usc[dot]es) ou ben no teléfono 881812880.
Xa pola tarde, ás 18:00 horas, terá lugar o I Encontro de Investigadores do Arquivo Histórico Universitario de Santiago, que contará coa presenza de varios historiadores e estudosos que darán conta dos seus traballos de investigación baseados, en maior ou menor medida, nos fondos documentais custodiados no Arquivo.
AsÃ, participará Miriam Elena Cortés López coa charla ‘Papeis e imaxes para unha tese doutoral. O A.H.U.S. e as escaleiras monumentais de Compostela’, centrada en facer mención daqueles documentos consultados no arquivo que serviron para xustificar ou testemuñar determinadas cuestións relativas ao estudo da escaleira (tipoloxÃas, proxectos arquitectónicos, cambios e modificacións experimentados ao longo do tempo, etc.).
Mónica Fernández Armesto presentará ‘As fontes xudiciais no estudo da Historia. Xustiza señorial e xurisdicións especiais na Galicia moderna’, na que achega datos sobre este interesante ámbito de estudo dos séculos XVII e XVIII desde unha dobre perspectiva, xurÃdica e histórica.
Pola súa banda, Carlos Castelao fará un repaso en ‘A imaxe a través da letra. ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ôs sobre fotografÃa histórica nos fondos municipais e actas notariais’ á historia da fotografÃa compostelá a través do estudo de todas as persoas implicadas na súa produción: retratados, fotógrafos, pincelistas, editores, impresores de cartóns, litógrafos, artistas, etc.
‘Os protocolos notariais como fonte de investigación histórica do mar de Galicia’ é a charla de Santiago Llovo Taboada. Neses documentos aparece abundante información, as máis das veces inédita, sobre as construcións no entorno da costa galega, sobre familias de mariñeiros, capitáns, armadores e fomentadores, sobre outros profesionais relacionados co mar, asà como das embarcacións mercantes e os sucesos e negocios implÃcitos.
Finalmente, José Ramón ±Êérez Salgado, con ‘Visión do condado de Borraxeiros a través do A.H.U.S.’, achegará información sobre a orixe e a xenealoxÃa do condado, centrando o estudo na figura de D. Juan José Salgado Zárate, V Conde de Borraxeiros.