A aceleradora do sector aeronáutico BFAero presenta este martes a nova convocatoria de proxectos na EPS de EnxeñarÃa de Lugo

A aceleradora do sector aeronáutico e dos vehÃculos non tripulados en Galicia BFAero, que está integrada na Civil UAVs Initiative (CUI), impulsada pola Xunta de Galicia co obxecto de facer despegar empresas con ideas innovadoras procedentes de todo o mundo e acaÃdas para o seu desenvolvemento nos eidos local, nacional e internacional, organiza este martes 29 de outubro, a partir das 17.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de EnxeñarÃa do Campus de Lugo da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, unha xornada de presentación da nova convocatoria de proxectos.
O programa desta xornada inclúe unha mesa redonda sobre emprendemento no sector dos drons e respecto das saÃdas laborais que ofrece, que estará moderada polo director da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, José Luis Villaverde. A profesora do Departamento de EnxeñarÃa Agroforestal da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê na EPS de EnxeñarÃa Mariluz Gil Docampo será unha das relatores que tomarán parte neste coloquio, no que tamén intervirán Antonio Monteagudo, de Indra; David ±Êérez-Piñar, de Babcock International; Ana Paul, do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, e JoaquÃn Expósito. Daniel Viaño, de Pildolabs Galaica, e Alfonso Fernández, de Raytrack), tamén intervirán neste foro en representación dos proxectos que tomaron parte na primeira convocatoria aceleradora do sector aeronáutico BFAero.