Abre o prazo para enviar fotografÃas a unha nova edición do certame de divulgación 'A ciencia en imaxe’

Acaba de abrir o prazo para participar no XI Concurso ‘A Ciencia en Imaxe’, organizado polas facultades de BioloxÃa, Ciencias, FÃsica, Matemáticas e QuÃmica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê xunto coa Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), con motivo da celebración do patrón destes centros, Santo Alberte Magno. Para concursar é necesario enviar a quimica.acienciaenimaxe [at] usc.gal (quimica[dot]acienciaenimaxe[at]usc[dot]gal) o formulario de inscrición xunto cunha fotografÃa realizada individualmente sobre calquera cuestión relacionada coas ciencias, como conceptos fundamentais, fenomenoloxÃa, aplicacións tecnolóxicas ou temas de investigación, entre outros. No asunto será preciso indicar ‘A Ciencia en Imaxe’.
As imaxes, que deben ser inéditas, poden enviarse ata o 10 de novembro e haberá un primeiro premio de 200 euros e un segundo premio de 100 euros. Cada fotografÃa irá acompañada dun tÃtulo e pode incluÃr un breve comentario ou reflexión de non máis de 12 liñas. Os arquivos das fotografÃas deben presentarse en formato JPG e ter un máximo de 5 MB, non aceptándose retoques nin fotomontaxes.
Valorarase en cada imaxe a orixinalidade, estética, capacidade comunicativa, calidade e adecuación á temática do concurso e a súa decisión publicarase no Taboleiro Electrónico da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê e na web da Facultade de QuÃmica. Os premios entregaranse o xoves 14 de novembro na Aula Magna do mesmo centro durante o acto de conmemoración do patrón das Ciencias.
O xurado deste concurso de fotografÃa estará composto por un membro de cada unha das cinco facultades organizadoras e unha persoa en representación da RAGC, actuando como presidenta a representante da Facultade de QuÃmica MarÃa del Carmen Yebra Biurrun; poderá contar coa asesorÃa dunha persoa experta en imaxe.
