AbadÃn, Ponteareas e Val do Dubra son os concellos galegos que lideran diversos récords pluviométricos nas últimas dúas décadas

A choiva é un elemento moi caracterÃstico dos tempos e do clima en Galicia, onde moitas localidades non lembran ningún dÃa seco desde finais de outubro e as previsións apuntan a que as precipitacións continuarán ao longo de todo o mes de novembro, unha situación que provocará que moitas localidades superen os seus récords de xornadas chuviosas consecutivas. Estas e outras curiosidades pluviométricas en Galicia aparecen recollidos na obra ‘Os tempos e o clima en Galicia’, un volume do que son autores dos profesores de XeografÃa FÃsica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Alberto Martà e Dominic Royé, xunto co meteorólogo Juan Taboada e o xornalista Xavier Fonseca, e no que, logo de analizar as precipitacións rexistradas en Galicia ao longo das dúas últimas décadas, se conclúe que AbadÃn, Ponteareas e Val do Dubra son algúns dos concellos galegos que lideran diversos récords pluviométricos.
A estatÃstica de maior número de dÃas de precipitacións nun só ano sitúa en cabeza ao municipio de Val do Dubra, cuxa estación meteorolóxica de Paramos, rexistrou en 2008 273 dÃas de precipitacións, o 75% dos dÃas do ano. Outras localidades de AbadÃn, Zas, Carballo, Baleira ou Lourenzá viron chover ao redor do 70% dos dÃas dalgún dos anos destas últimas dúas décadas.
Unha análise dos datos de dÃas de precipitacións (considerando dÃa de precipitación aquel no que se recolleron máis de 0,1 mm) no perÃodo de referencia, outorga este récord á estación meteorolóxica da Granxa (Ponteareas), onde estivo a chover durante 54 xornadas consecutivas, entre o 28 de novembro de 2000 e o 20 de xaneiro de 2001, no que está considerado como un dos outonos-invernos máis chuviosos de todo o século XX en Galicia. En Santiago bateuse tamén outro récord, aÃnda non superado, con 46 dÃas de choiva continuos. Noutras dúas ocasións Ponteareas superou as 50 xornadas consecutivas con precipitación, entre o 18 de outubro e o 9 de decembro de 2008, e entre o 19 de setembro e o 8 de novembro de 2006. Noutras localidades como Maceda, Forcarei, Val do Dubra, Meis, Poio, Forenlos de Montes ou Coristanco tamén se bateron récords galegos de dÃas consecutivos de precipitación, con secuencias que superaron os 42 dÃas.
A maior media de dÃas de precipitación anual ten lugar no norte de Lugo, no concello de AbadÃn. Os seus dous observatorios, Fragavella (589 m) e Labrada (641 m), rexistran unha media de 230 e 216 dÃas de precipitación ao ano. É dicir, entre o 63 e o 59% dos dÃas do ano prodúcense precipitacións en forma de choiva ou neve. Outras localidades das mariñas setentrionais como Viveiro e Ortigueira, ou próximas ao litoral atlántico, como Val do Dubra, Zas ou Carballo, ven tamén chover moitos anos máis da metade dos seus dÃas. No outro extremo atópanse diversas localidades do sudeste de Ourense e da comarca de Valdeorras, tales como VerÃn, Viana do Bolo, Rubiá, Larouco ou Carballeda, onde se rexistra unha media anual ao redor de 120 dÃas de precipitación ao ano.
O mapa de precipitacións denota que existe unha gradación e unha diminución progresiva dos dÃas de precipitación entre as comarcas do norte e noroeste de Galicia, onde a frecuencia é maior, e as do sur e leste de Ourense. O val do Sil, o fondo do val do Bibei, as comarcas de Valdeorras e do Bolo, A Mezquita ou as depresións de VerÃn, Monforte e Ourense son as que gozan dun maior número de dÃas con ausencia de precipitación. O seu maior afastamento do Atlántico e do Cantábrico, asà como o efecto de sombra pluviométrica que exercen as montañas circundantes son os responsables desta menor frecuencia de dÃas chuviosos.
As comarcas setentrionais das provincias de Lugo e A Coruña están máis expostas ás frontes e fluxos húmidos oceánicos que orixinan dÃas de precipitación. A maior frecuencia ten lugar nas áreas de montaña próximas ao litoral cantábrico. Nelas queda retida unha abundante nebulosidade cando teñen lugar situacións do Norte, Noroeste e Nordeste. É especialmente no verán cando as persistentes situacións do Nordeste xeran nebulosidade e precipitacións febles no terzo norte, mentres que o resto de Galicia goza de dÃas asollados e secos, segundo se recolle no libro editado por Xerais.
Outras curiosidades
Alén de coñecer récords climáticos acadados en Galicia, cales son os lugares de máis calor e máis frÃo, que zonas gozan dun maior número de horas de sol, cales teñen maior nebulosidade, o como afecta o cambio climático a Galicia, o libro ‘Os tempos e o clima en Galicia’ achega outras moitas curiosidades.
Escrito nunha linguaxe sinxela, acompañada por un abundante apoio visual formado por mapas, imaxes de satélite e de radar, gráficos, debuxos e fotografÃas, esta obra ofrece, sempre de forma didáctica e rigorosa, respostas a moitas preguntas relacionadas co clima de Galicia e aos diversos tipos de tempo que o caracterizan. Nas súas páxinas explÃcase como se producen os fenómenos meteorolóxicos máis habituais no noso territorio, como as inversións térmicas, as néboas costeiras e orográficas, as illas de calor urbanas, os tipos de precipitación, o efecto foehn, as brisas mariñas, etc. A través de exemplos concretos, analÃzanse tamén os riscos climáticos que afectan regularmente a Galicia, como ondas de calor, temporais de neve, cicloxénesis explosivas e temporais de choiva e vento, tormentas, secas, tornados, etc. Tamén pódese coñecer como está a cambiar o clima de Galicia debido ao quecemento global, e cales son os escenarios de futuro.
Portada do libro