Salón de Graos

O Mestrado en EnerxÃas Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê desenvolve o mércores 23 de abril na Facultade de Matemáticas unha xornada técnica sobre o hidróxeno na transición enerxética. A sesión, de asistencia libre ata completar a capacidade do espazo, dará comezo ás 9.00 horas coa benvida da decana do centro anfitrión, Elena Vázquez Cendón, e do secretario do mestrado, José Antonio RodrÃguez Añón.
Ao longo de todo o dÃa sucederanse diversas intervencións de persoas expertas do eido académico e empresarial estruturadas en catro bloques temáticos: O hidróxeno na Axenda global e nacional; Proxectos tecnolóxicos: da idea á execución; Do laboratorio ao mercado: A visión técnica dos proxectos de I+D; e Impacto social, empresarial e sustentabilidade do hidróxeno.
A xornada completarase cun Obradoiro práctico de deseño dunha estratexia interdisciplinar do H₂ e a lectura das conclusións.