ȤѶֲַ

Ir o contido principal

Congreso Internacional ‘Proxectos Integrais de HGIS. Աپó, innovación e transferencia’

08.05.2025-09.05.2025

O foro ten como obxectivo reflexionar sobre a incorporación e o uso dos Sistemas de Información Xeográfica á Historia

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades

O congreso internacional ‘Proxectos Integrais de HGIS. Աپó, innovación e transferencia’, coordinado polos profesores Rubén Castro e  Mariña Bermúdez Beloso, desenvolverase os días 8 e 9 de maio no Salón de Graos da Facultade de Humanidades da ȤѶֲַ. O evento forma parte das actividades realizadas no marco do Proxecto de Աپó estatal ‘Castillae Metrum: cartografía digital de los sistemas metrológicos en la Castilla Moderna (PID-2020-118939GA-I00)’, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España.

O foro ten como obxectivo reflexionar sobre a incorporación e o uso dos Sistemas de Información Xeográfica á Historia como ferramentas de análise espacial, no que se deu en chamar os Historical GIS ou HGIS. Unha vintena de especialistas de 12 universidades procedentes de España, Portugal e Francia integran o programa deste congreso. Trátase da ȤѶֲַ, UVigo, UDC, e as universidades de Salamanca, Cantabria, Málaga, País Vasco, Xaén, Évora, o Consello Superior de Աپós Científicas, o Instituto Universitário de Lisboa e a Toulouse School of Economics.

Neste elenco están representadas as grandes disciplinas do coñecemento histórico: Arqueoloxía, Prehistoria, Historia Antiga, Historia Medieval, Historia Moderna e Historia Contemporánea, polo que se manifesta dende a coordinación unha aposta pola interdisciplinariedade e a conversa construtiva entre todas aquelas áreas que teñen incorporado nestes últimos anos os GIS ao seu estudo do pasado. “Os títulos de cada intervención, diversos en temas, tempo e espazo, amosan a versatilidade de ditos Sistemas de Información Xeográfica, capaces de adaptárense ás necesidades, ás fontes e á metodoloxía de cada etapa histórica”, explican dende o comité organizador.

Así, os distintos relatorios achegarán os resultados de investigación que os HGIS produciron nos últimos anos con respecto aos asentamentos paleolíticos, ao fenómeno megalítico e ao mundo castrexo no noroeste peninsular (Mesa 1); á conquista romana e á paisaxe entre a Antigüidade e a Idade Media, tamén no noroeste peninsular (Mesa 2); ás fortalezas andalusíes, aos intercambios artísticos no arco mediterráneo e a lírica profana galego-portuguesa na Idade Media (Mesa 3); á loita de bandos baixomedieval no País Vasco, á historia marítima, aos sistemas de medición antes do Sistema Métrico Decimal e ás rebelións e revoltas no mundo ibérico na Idade Moderna (Mesa 4); ás novas poboacións ao sur do Reino de Xaén en tempos de Carlos V, aos camiños históricos en Sierra Morena e á reconstrución dos límites administrativos, tanto no caso de Portugal como de Francia no século XVIII (Mesa 5); e á emigración galega a Portugal no século XIX, á paisaxe histórica no entorno de San Xulián de Samos e á cartografía da matanza golpista de 1936.

“É de salientar que detrás dos títulos anteditos atópanse en todos os casos proxectos de investigación públicos, competitivos, de natureza rexional, estatal e tamén europea, o que mostra tamén a solvencia e a relevancia das persoas, dos equipos e das liñas de investigación representadas”, sinalan.

A asistencia é libre e de balde, se ben é necesario inscribirse previamente a través dun . As persoas interesadas en asistir poden facelo tanto na modalidade presencial como telemática; en ambos os casos, sempre que se cumpra cun seguimento do 80%, emitirase un certificado de asistencia con valor formativo de 12 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2025.