O Premio Nobel de QuÃmica 2019 ofrece na ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê un relatorio ao abeiro do Programa ConCiencia

O investigador Michael Stanley Whittingham, Premio Nobel de QuÃmica en 2019 polo desenvolvemento das baterÃas de ión-litio, visitará a Universidade de Santiago de Compostela do 15 ao 20 de novembro.
No curso desta visita, e no marco do Programa ConCiencia, impartirá unha conferencia aberta ao público xeral. Será o xoves 17 de novembro ás 19.30 horas no Auditorio Abanca e levará por tÃtulo 'Os desafÃos que enfrontamos para abordar os fenómenos meteorolóxicos extremos globais'
Ademais, o profesor da Universidade de Binghamton participará no Encontro Galego-Portugués de QuÃmica, que terá lugar na Facultade de QuÃmica da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê do 16 ao 18 de novembro.
Michael Stanley Whittingham
naceu en Nottingham (Reino Unido) en 1941. Graduouse e doutorouse en quÃmica na Universidade de Oxford, para logo realizar unha estadÃa posdoutoral na Universidade de Stanford. De alà pasou ao sector privado, nas petroleiras Exxon e Schlumberger ata que, en 1988, se fixo profesor na Universidade de Binghamton, un dos nodos que conforma a Universidade Estatal de Nova York, á que segue vinculado na actualidade e na que foi vicerreitor de investigación e vicepresidente da Fundación de ±õ²Ô±¹±ð²õ³Ù¾±²µ²¹³¦¾±Ã³²Ô.
Codirixiu o estudo do Departamento de EnerxÃa dos EE.UU. sobre almacenamento de enerxÃa e dirixe o centro de investigación de almacenamento de enerxÃa do programa de fronteiras de investigación do Departamento de EnerxÃa dos EE.UU. en Binghamton.
A súa investigación é un dos mellores exemplos de como un avance cientÃfico transformou e está a transformar a sociedade. O almacenamento de enerxÃa en baterÃas que se poidan recargar é un dos eixos nos que pivota o funcionamento da sociedade moderna. Nos anos 70 Whittingham deu un paso crucial cara á creación das actuais baterÃas que todos levamos nos nosos móbiles e outros dispositivos portátiles, e tamén as que se usan nos coches eléctricos. Conseguiu un innovador cátodo nunha baterÃa de litio, feito de disulfuro de titanio, que a nivel molecular tiña espazos que podÃan acoller os ións do litio, a clave que permite as recargas.
Iso abriu a porta aos posteriores traballos de John B. Goodenough e Akira Yoshino, que completaron o desenvolvemento das actuais baterÃas recargables de ión-litio e compartiron con Whittingham o Nobel de QuÃmica de 2019.John B. Goodenough tivo unha intensa relación docente e investigadora coa ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, na que foi investido Doutor Honoris Causa en 2002 a instancia da área de electromagnetismo do departamento de fÃsica aplicada.