
Bioloxía e Matemáticas acollen o mércores 23 e o xoves 24 de abril, respectivamente, a Conference on Algebraic Topology and Related Topics, en cuxa organización interveñen ȤѶֲַ e UVigo, xunto ao Centro de Աپó e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e a Red Española de Topoloxía (RET). A inauguración terá lugar o mércores, ás 9.30 horas, no Salón de Graos da Facultade de Bioloxía, e contará coas intervencións da decana da Facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón; do vicedecano da Facultade de Bioloxía, Francisco Javier Salgado Castro; da directora Científica do CITMAga, Rosa M. Crujeiras; e do co director do departamento de Matemáticas e responsable do Grupo de Աپó de Matemáticas, Antonio Gómez Tato.
Por segundo ano consecutivo, este encontro lévase a cabo na cidade de Santiago de Compostela, que servirá como punto de encontro e debate para o persoal especialista neste ámbito de estudo e investigación a nivel estatal e internacional. Nesta ocasión, formarán parte desta cita, en calidade de conferenciantes plenarios, Leovigildo Alonso Tarrío (ȤѶֲַ-CITMAga), Cristina Costoya (ȤѶֲַ- CITMAga), Ximena Fernández (City University of London), Carlos Meniño Cotón (UVigo- CITMAga), María José Pereira Sáez (UDC- CITMAga), Mariam Pirashvili (University of Plymouth), Eduardo Sáenz de Cabezón (Universidad de la Rioja), Lucile Vandembroucq (Universidade do Minho) e Antonio Viruel (Universidad de Málaga).
“A investigación topolóxica en Galicia ten un importante recoñecemento tras un continuado achegamento de destacados resultados de enorme calidade e unha presencia sólida e estable nas súas contribucións académicas ao longo dos anos”, explican dende a organización do foro. Neste sentido, o Centro de Աپó e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) asume nas liñas de actuación da súa axenda científica a investigación e capacitación do seu persoal investigador neste ámbito de estudo.
A Conference on Algebraic Topology and Related Topics conta cun Comité Científico formado por Jesús Antonio Álvarez Lopez (ȤѶֲַ- CITMAga), Sebastien Álvarez (Universidad de la República, Uruguay) e Nicholas Scoville (Ursinus College, EEUU) e un Comité Organizador no que están presentes Alejandro Omar Majadas Moure (ȤѶֲַ- CITMAga) e David Mosquera Lois (UVigo).