°ä²¹´Ú±ð³Ù±ð°ùò¹
O profesor da área de EconomÃa, SocioloxÃa e PolÃtica Agraria Bernardo Valdês e a propietaria de Granxa Ameixeira e membro da Plataforma de produtores de ecolóxico de Galicia (Proecogal) abordarán, abordan esta temática o xoves 23, a partir das 19.00 horas, na cafeterÃa da EPS de EnxeñarÃa da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê

A situación actual da agricultura ecolóxica en Galicia centra a temática da primeira sesión dos Encontros de Lúa Chea, un programa de análise e debate informal promovido pola plataforma Proxéctate en Galego, que abre o xoves 23, a partir das 19.30 horas, na cafeterÃa da EPS de EnxeñarÃa do Campus de Lugo, a súa novena edición co coloquio ‘A agricultura ecolóxica en Galicia:como estamos?’, no que intervirán como relatores o profesor da área de EconomÃa, SocioloxÃa e PolÃtica Agraria da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê Bernardo Valdês, e da propietaria de Granxa Ameixeira e membro da Plataforma de Produtores e Produtoras de Ecolóxico de Galicia (Proecogal).
A temática escollida para esta primeira sesión dos Encontros de Lúa Chea 2023, un ciclo incluÃdo por vez primeira na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que conta con financiamento da ÆæÈ¤ÌÚѶ·Ö·Ö²Ê, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, responde á necesidade de responder ás preocupacións da cidadanÃa respecto da calidade da da sustentabilidade dos alimentos, ademais de afondar sobre as protencailidades que a produción ecolóxica ten en Galicia, asà como sobre as pexas que lastran o seu crecemento.
A UE estabeleceu como unha das recomendacións do Pacto Verde chegar ao 2030 cun 25% de superficie agraria certificada en ecolóxico, nun contexto no que a demanda de produtos certificados vén medrando de forma continuada e importante nas últimas décadas, mesmo nos anos máis duros da crise ou da pandemia. Diante desta realidade, cómpre preguntarse se os produtores agrarios de Galicia están preparados para o reto de abastecer un mercado en alza ou se, pola contra, o futuro pasa por continuar importando cantidades crecentes de alimentos ecolóxicos producidos noutras áreas.
Ao fÃo desta dicotomÃa, este Encontro de Lúa Chea entrará tamén a analizar o descontento manifestado polos produtores certificados excluÃdos das axudas na convocatoria realizada pola Xunta no ano 2022, unha realidade que dá pé a debater sobre si é suficiente o apoio das institucións públicas o desenvolvemento deste tipo de explotacións.