
Co obxecto de favorecer a mobilidade de estudantado e persoal que non poida participar en estadías de longa duración por motivos académicos ou de índole persoal, o Programa Erasmus+ 2021‐2027 ofrece unha nova modalidade de programas que buscan fomentar a mobilidade internacional nun formato curto que combina a mobilidade presencial cunha compoñente virtual: os Blended Intensive Programmes (Programas Intensivos Combinados).
Nesta páxina publicaranse as sucesivas convocatorias de BIP para participantes da ȤѶֲַ, que poden dirixirse tanto a estudantado como a persoal.
Convocatorias vixentes
-
ERASMUS+ BIP AND 14TH CEEPUS GEOREGNET SUMMER SCHOOL na University of Maribor (Eslovenia)
- Dirixido a estudantado de titulacións relacionadas coa xeografía e a ordenación do territorio de mestrado e doutoramento, con coñecementos de inglés (B1)
- Prazo de solicitudes: até 2 de abril (10h) a través de
- Sesión virtual 5 e 12 de xuño - Sesións presenciais en Eslovenia: do 24 de agosto e 3 de setembro de xuño
- Máis información sobre metodoloxía e contidos: jose.vila.vazquez [at] usc.es (jose[dot]vila[dot]vazquez[at]usc[dot]es)
- Ligazón á convocatoria:
- Resolución provisional: (documentación en ) (Publicada 10/04/2025)
--
-
"“Propter magnare creatus…”. Intercultura, letteratura e gastronomia ai confini dell’Europa" na Università de Foggia (Italia)
- Dirixido a estudantado de titulacións filolóxicas de grao, mestrado e doutoramento, con coñecementos de inglés e italiano (B1)
- Prazo de solicitudes: até 17 de marzo a través de
- Sesión virtual 8 de abril - Sesións presenciais en Italia: do 28 de abril ao 2 de maio
- Máis información sobre metodoloxía e contidos: ben.buono [at] usc.es (ben[dot]buono[at]usc[dot]es)
- Ligazón á convocatoria:
- Resolución provisional: (documentación en ) (publicada 21/03/2025)
- Resolución definitiva: (documentación en ) (publicada 28/03/2025)
Os BIP son programas de curta duración pertencentes ao programa Erasmus+ organizados por universidades europeas que contan cunha parte virtual e unha parte presencial. Esta ten unha duración mínima de unha semana, contemplando un grande abano de temáticas e formatos, e pode dirixirse a estudantado de todos os niveis e titulacións.
Para poder participar, requírese que a ȤѶֲַ teña asinado un acordo coa universidade convocante e formule unha convocatoria que se publicará no apartado de Convocatorias e resolucións nesta mesma páxina.
Outórgase pola súa participación un mínimo de 3 ECTS e, no caso de que coincidan con períodos lectivos, é necesario que o estudantado verifique no seu centro as posibilidades de dispensa da asistencia ás clases da súa titulación.
Como promover a adhesión da ȤѶֲַ a un BIP
Para solicitar a adhesión da ȤѶֲַ nun BIP organizado por outra institución e que sexa posible o envío de participantes (tanto estudantes como membros do persoal), é necesario que o profesorado / PTXAS que teña recibido unha oferta de adhesión a traslade á persoa responsable no Centro para que valore e autorice a proposta, que será posteriormente avaliada na Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización.
- (para anexar ao Formulario)
Como participar individualmente
Unha vez se acorde a adhesión a un BIP por parte da ȤѶֲַ, procederase a publicar convocatorias individualizadas para cada BIP, onde se establezan os requisitos para cada colectivo. Se está aberta para algún colectivo de persoal, poderá presentarse a solicitude como se indique na correspondente convocatoria.
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- international.lugo [at] usc.gal