A exposición ‘8 mulleres galegas que moveron os marcos’ inicia o seu percorrido polos distintos puntos de servizo da BȤѶֲַ

A exposición organizada pola BȤѶֲַ “8 mulleres galegas que moveron os marcos” inicia este xoves 4 de abril o seu percorrido polos distintos puntos de servizo que compoñen a biblioteca universitaria. Deste xeito, ata o vindeiro 21 de abril poderá visitarse na sala de lecer da biblioteca Concepción Arenal.
A mostra “8 Mulleres galegas que moveron os marcos” presenta oito personalidades galegas, de nacenza ou adopción, que foron pioneiras dalgún xeito naqueles eidos nos que desenvolveron a súa actividade. Son mulleres con moi diversas traxectorias vitais, cuxo denominador común é ter sido quen de internarse en territorios reservados, polo común, aos homes. Unha gaiteira, unha actriz e unha aviadora camiñan á par dunha matemática e dunha xornalista. E non por azar son mestras tituladas as outras tres mulleres do grupo, aínda que as sendas que transitaron leváronnas máis alá dese espazo profesional xa permitido ás mulleres do seu tempo.
As protagonistas da mostra son:
• María Luz Morales, primeira directora dun xornal en España.
• María Barbeito, educadora que achegou precozmente ao noso país as máis modernas teorías pedagóxicas que se estaban a xestar en Europa.
• Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora dun dispositivo precursor do libro electrónico.
• Elisa Patiño, a primeira aviadora galega e unha das primeiras en Europa.
• Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira da que temos noticia.
• Concepción érez Iglesias, tamén mestra, primeira alcaldesa de Galicia e unha das primeiras de España.
• María Wonenburger, investigadora en álxebra e primeira muller española que obtivo unha bolsa Fullbright.
• Maruxa Villanueva, actriz, cantante e emprendedora teatral en Galicia e alén do Atlántico.
Ademais da exposición física, a BȤѶֲַ creou na que podes atopar máis información sobre estas mulleres.